II Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve


Convócase a II Edición do Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve, destinado a homenaxear a figura do galeguista Ramón Piñeiro e ó mesmo tempo contribuír á difusión do ensaio breve en lingua galega.
(Máis información)

Segundo o publicado no DOG do 13 de abril de 2004, os traballos deberán ser orixinais e inéditos en lingua galega e tratar sobre un tema relacionado co pensamento humanístico (lingua, literatura, antropoloxía, filosofía, historia).


O autor do ensaio premiado recibirá 3 000 euros e o centro publicará o traballo na colección Cadernos Ramón Piñeiro.


Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar os seus orixinais ata o 15 de outubro de 2004.