II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible


A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, convoca unha nova edición do seu "Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible". Pode participar calquera membro da USC, presentando un vídeo en galego, dun máximo de 3 minutos, sobre unha achega concreta da química sostible na resolución de problemas nos ámbitos da saúde, o ambiente e a industria. O prazo de presentación dos traballos remata o 20 de abril de 2022.