Europa Diversa é unha iniciativa promovida por diferentes institucións lingüísticas e culturais catalanas que ten como principal obxectivo converterse nun foro de debate e intercambio de información en liña sobre as linguas minorizadas, contribuíndo deste xeito á construción de Europa desde a diversidade.
(Máis información)
Esta comunidade virtual é unha das principais impulsoras do proxecto ADUM, que consiste no desenvolvemento dun espazo virtual para fomentar proxectos de cooperación entre entidades que promoven as linguas minorizadas de Europa.
Froito desta colaboración entre diferentes entidades europeas foron tamén no seu momento os proxectos Euromosaic e Atlantis.

