O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita un novo número do seu boletín, voceiro en materia de normalización lingüística no ámbito universitario.
(Máis información)
Entre os contidos deste número salientan, entre outros, a presentación do curso de redacción e deseño de traballos de investigación, a recensión sobre o Corpus Paralelo CLUVI ou os datos sobre as medidas destinadas á normalización lingüística na USC recollidas na programación plurianual desta entidade.
Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.

