Sae á luz un novo número de Lingua Viva, boletín de normalización lingüística do Concello de Vigo, con información xeral sobre a planificación e normalización do galego e datos concretos sobre as actividades de dinamización lingüística que se están a desenvolver neste concello.
(Máis información)
Entre as novidades deste número subliñamos o artigo sobre Xaquín Lorenzo Fernández, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, a recensión sobre o número 160 da revista Grial e os comentarios sobre actividades de dinamización lingüística desenvolvidas no Concello de Vigo como Xogas? En galego podemos... ou o Correlingua.
Se desexa consultar Lingua Viva, pode facelo a través do servizo de consulta en sala que lle ofrece o CDSG ou solicitala no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (tfno. 986 810 281).

