O CCG homenaxea a figura de Xaquín Lorenzo Fernández, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, coa publicación de tres obras que xiran arredor da vida e obra do etnógrafo galego.
(Máis información)
As publicacións, que tamén poden descargarse da rede en formato PDF, son as seguintes:
-O mar terra adentro, obra que recolle textos de Xaquín Lorenzo e ilustracións de Conde Corbal.
-Xaquín Lorenzo, Xocas, con quince intervencións sonoras, xunto coa correspondente transcrición, do etnógrafo galego.
-Agasallo de cores para Xaquín Lorenzo, obra con ilustracións do alumnado de 4º da ESO do Instituto Rosalía de Castro, que tamén quixeron renderlle a súa especial homenaxe ao autor.

