Xa pode consultar o número 15 do Cartafol Dixital


O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita o número 15 do Cartafol Dixital, voceiro da USC en materia de normalización lingüística.
(Máis información)

Entre os contidos deste número salientamos a avaliación dos proxectos desenvolvidos pola Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística neste último ano, a presentación das actividades programadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Económicas para o vindeiro curso 2004 - 2005 ou a edición de folletos destinados a informar aos estudantes estranxeiros sobre a realidade lingüística da USC.


Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.