Acto de compromiso dos/as rexedores/as de Pontevedra coa galeguización xurídica dos concellos


Co gallo da conmemoración do 50 aniversario do I Congreso do Dereito Galego (celebrado en setembro de 1972 na Coruña), a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, a Irmandade Xurídica Galega, a Xunta de Galicia e mais a Deputación de Pontevedra convocan a todos/as os rexedores/as municipais da provincia a un acto de compromiso público coa galeguización xurídica dos concellos.
O acto terá lugar o vindeiro 14 de xaneiro de 2023 (sábado), ás 14:00 h, no salón nobre do Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra. No marco deste iniciativa asinarase a "Declaración institucional dos concellos da provincia a prol da galeguización xurídica".