O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta unha nova edición do programa “No Nadal… un conto”, que se desenvolverá entre o 17 de decembro de 2022 e o 7 de xaneiro de 2023 en diferentes lugares do concello. A iniciativa, que ten como obxectivo crear espazos de lecer en galego para o público familiar e infantil, inclúe obradoiros, contadas, música e xogos, entre outras actividades. O acceso é libre ata completar a capacidade do lugar de realización (agás na Biblioteca Neira Vilas, onde cómpre inscrición previa).
Para obter máis información sobre o programa, as datas e os lugares de realización, preme aquí.

