A Real Academia Galega acordou, no plenario do pasado 9 de outubro, nomear catro novos académicos en representación das diferentes comunidades lingüísticas que conforman o que se deu en chamar “galego estremeiro” ou “galego exterior”, reforzando así o seu compromiso coa defensa e promoción do galego falado fóra das nosas fronteiras administrativas.
(Máis información)
Os novos académicos son Carlos Varela (en representación do galego falado no occidente de Asturias), Héctor Silveiro (en representación do galego falado nos Ancares orientais e o Bierzo occidental), Felipe Lubián (en representación do galego falado nas Portelas, Zamora) e Domingo Frades (en representación das falas de orixe galaico-portugués faladas no Val do Ellas, Cáceres).
Pode obter unha breve biografía dos novos académicos no xornal Vieiros.org.

