O Instituto da Lingua Galega organiza o vindeiro día 25 de febreiro, venres, ás 6 da tarde, un acto de homenaxe en memoria de Fernando R. Tato, coñecido investigador e lingüista. No acto, que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía (USC), presentarase o volume (Dis)cursos da escrita. Estudos de filoloxía galega ofrecidos en memoria de Fernando R. Tato Plaza.
(Máis información)
A obra, coordinada por Antón Santamarina e Rosario Álvarez, reúne 31 traballos orixinais de colegas e amigos que compartiron con Fernando Tato inquedanzas científicas. O volume está promovido polo Instituto da Lingua Galega e publicado dentro da “Biblioteca Filolóxica Galega / Instituto da Lingua Galega” (Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2004).
O Instituto da Lingua Galega, promotor da iniciativa, convida todas as persoas interesadas a participar nesta homenaxe ao lembrado colega e amigo.

