Gustavo Pernas Cora
Viveiro (Lugo), 26/ 11/1959 - A Coruña, 29/10/2018Autoría: Ana Abad de Larriva
Actor, director de escena e figura fundamental da dramaturxia galega contemporánea
Gustavo pasou a nenez en Viveiro e, durante o segundo curso do bacharelato, mudouse coa súa familia á Coruña, onde continuou os seus estudos nos Maristas da cidade herculina. Alí, durante a súa adolescencia, seguiría amosando o seu talento artístico en diferentes representacións, como unha montaxe do musical Xesucristo Superstar que se fixo nos Maristas, na que tamén actuaba o seu irmán Miguel. Nela Gustavo facía de Xudas e Miguel de Xesucristo.
Gustavo trasladouse á capital galega para estudar Xeografía e Historia na Universidade de Compostela, na sección de Historia da Arte, carreira na que se licenciou no ano 1981 e onde realizou diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, e posteriormente tamén cursou estudos de Arte Dramática na RESAD de Madrid.
Ao volver a Galicia participou na formación da compañía Catro Artes, e en 1985 formou parte do elenco de Ubué no outeiro, a montaxe da peza de monicreques homónima de Alfred Jarry coproducida polo CDG e Catro Artes, dirixida por Jorge Rey, na que Gustavo tamén asumiu a produción. No CDG actuou tamén n’A noite vai coma un río, de Álvaro Cunqueiro, na montaxe de Xulio Lago, en 1986, asumindo o papel de Mendiño; n’As tres irmás, de Anton Chejov, baixo a dirección de Xosé Manuel Rabón, en 1987, no rol de Andrei; e en Seis personaxes na procura de autor, de Luigi Pirandello, na montaxe dirixida por Xulio Lago en 2005, no rol do Director. Puxérase baixo a dirección de Xulio Lago tamén n’A maravillosa historia de Marly, a vampira de Vila de Cruces, de Carlos Queiroz, na montaxe de Teatro do Atlántico de 1986, asumindo o papel do Autor/director.
En 1989 fundou coa súa compañeira, a actriz e directora de escena Ánxela García Abalo, a compañía de teatro Ancora Produccións, na que dirixiu e interpretou os seus propios textos, e na que tiñan como un dos seus principais obxectivos analizar a realidade contemporánea dende o humor pero dun xeito crítico e comprometido; un humor e unha mirada que se irían volvendo máis acedos cos anos, como recoñecía o propio Gustavo. A compañía tiña a súa sede no lugar en que Ánxela e Gustavo estableceron o seu lugar de residencia, Santa Icía, na parroquia de Morás, en Arteixo. O seu primeiro espectáculo foi O galego, a mulata e o negro, en 1990, escrita e dirixida por Gustavo, e cun elenco formado por Ánxela, Gustavo e o seu irmán Miguel. A peza tivo como detonante unha viaxe que fixeran Gustavo e Ánxela a Cuba no ano 1988 e Gustavo recibiu por ela o Premio Compostela ao mellor texto dramático en 1990, nuns premios nos que tamén fora nomeado nas categorías de mellor actor protagonista e mellor espectáculo. O texto foi publicado no ano 1999 por Tris Tram Editora.
Despois desa primeira peza viría a triloxía Comedias paranoicas, formada por Ladraremos, en 1996; Fábula, en 1997, e Anatomía dun hipocondríaco, en 1998; as tres con texto e dirección de Gustavo, e interpretadas por Ánxela e por el. Por Ladraremos obtivo en 1997 o Premio María Casares de Teatro ao mellor texto orixinal, peza pola que tamén resultou finalista nas categorías de mellor actor protagonista e mellor espectáculo. A triloxía foi publicada en Edicións Xerais.
No ano 2001 Ancora montou Sucesos, con texto de Gustavo e dirección e interpretación de Ánxela e del; seguida de Footing, en 2002, con texto e dirección de Gustavo e interpretada por Ánxela, Manuel Areoso, Vicente de Souza e Lino Braxe, un texto co que gañara en 2001 o Premio Rafael Dieste de textos teatrais. En 2003 apostaron por desenvolver unha aventura poética arredor da obra de Antón Avilés de Taramancos, Hai que romper, nunha posta en escena dirixida por Gustavo e por Ánxela, e interpretada por eles dous xunto con Eva Veiga. En 2004 montaron Paso de cebra, con texto e dirección de Gustavo e interpretada por el e por Ánxela, xunto con Elina Luaces, Vicente de Souza, Luisa Merelas e Paulo Serantes, pola que Gustavo obtivo en 2006 o Premio Max de las Artes Escénicas á mellor autoría teatral en galego.
En 2005 estrearon Final de película, escrita e dirixida por Gustavo e cun elenco formado por Ánxela, Vicente de Souza, Fernando Morán, Xabier Deive, Estibaliz Veiga e Marcos Pereiro. O texto gañou o Premio Rafael Dieste de textos teatrais e con el Gustavo tamén obtivo en 2007 o Premio Max de las Artes Escénicas á mellor autoría teatral en galego (ex aequo). Por Medidas preventivas, estreada en 2007, escrita e dirixida por Gustavo e interpretada por Ánxela, Vicente de Souza e Xosé Bonome, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, concedeulle a Gustavo o seu premio anual, na categoría de Teatro. Sucesos e Paso de cebra foron publicadas conxuntamente pola editorial Laiovento; Footing e Final de película foron publicadas individualmente na colección de teatro da Deputación da Coruña; e Medidas preventivas foi editada por Biblos Clube.
O Concello de Gondomar quixo recoñecer en 2008 a traxectoria da compañía e a súa contribución ao teatro galego outorgándolle o seu Premio Roberto Vidal Bolaño. En 2009 iniciaron con Colgados: A incrible historia de Homesoga, o Colgado de Celeiro a triloxía Logomonos, ou monólogos ao revés, sobre personaxes
un pouco extraviados e extravagantes que procuran ver máis alá da arañeira que os envolve, e que completaron con Pisados: Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos, en 2010; e Snakizados: A delirante invención de Nonhé ou Comedia da fin do mundo, en 2012; as tres con texto de Gustavo, dirixidas por Ánxela García Abalo e interpretadas por Gustavo. Os textos foron publicados na editorial Laiovento e a interpretación de Gustavo en Snakizados, dunha enorme forza expresiva, tanto vocal como corporal, supúxolle gañar no ano 2012 o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación do Concello de Padrón. Para el o espazo escénico era concibido
como un instrumento de laboratorio, como un espazo pechado en que poder observar as reaccións dos personaxes e poder, en consecuencia, observar e entender a condición humana, entender a vida.
Outro premio que obtivo Pernas Cora como recoñecemento ao seu labor autoral foi o Álvaro Cunqueiro de textos teatrais convocado pola Xunta de Galicia por Isóbaras en 2012, texto co que en 2014 conseguiu tamén o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de Literatura dramática. En 2007 publicara tamén Taras mínimas en Edicións Embora, e tamén o ensaio Os ollos de Victorine e a construción da cuarta parede, un libro sobre a configuración da mirada moderna na arte e no teatro, na editorial Laiovento. Ademais, Gustavo ten textos de diferentes xéneros publicados en diferentes volumes colectivos. El sempre recoñeceu a influencia que tivo nel Rafael Dieste, e Gustavo e Ánxela chamaron ao seu fillo Muriel, o tamén actor Muriel Pernas, polo libro Historias e invencións de Félix Muriel.
Pernas Cora foi actor de dobraxe e autor de guións audiovisuais, así como de relatos. O cinema foi, como el mesmo dicía, a súa
outra grande paixónademais do teatro, e á que se dedicou dende o campo do ensino, impartindo materias de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, e sendo profesor de Guión no Centro de Formación do Profesorado, profesor de Dramaturxia no mestrado de Estudos Teatrais e Audiovisuais da Universidade da Coruña e de Arte Actual e Dramaturxia tamén nesa mesma universidade, en Pedagoxía Teatral. Foi membro da Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Artes Musicais e Escénicas do Consello da Cultura Galega, onde organizou no ano 2000 as Xornadas sobre Escrita Dramática e participou na publicación do Proxecto para a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
En 2020, de xeito póstumo, a Academia Galega de Teatro outorgoulle un premio honorífico no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego e en 2022 Escena Galega nomeou a Ancora Produccións socia de honra, destacando a súa traxectoria. No ano 2019, os grupos de teatro afeccionado pertencentes á Asociación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo homenaxearon a Gustavo mediante a montaxe da peza Ancorados, que facía un percorrido por diferentes pezas do autor viveirés. En 2022, Cena Lusófona, a Associação Portuguesa para o Intercâmbio Teatral, publicou unha Antoloxía do teatro galego contemporáneo, nunha edición bilingüe en galego e portugués en dous volumes, na que se incluía Footing, de Gustavo Pernas Cora.
Bibliografía
aaag: «A AAAG lamenta o falecemento do actor, director e dramaturgo Gustavo Pernas Cora», na páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), (30 de outubro de 2018). Dispoñible en: https://aaag.gal/novas/329/gustavo-pernas-cora?locale=gl_ES
Dans, Raúl: «A arte da conversación», na edición dixital da Erregueté, Revista galega de teatro, (26 de decembro de 2018). Dispoñible en: https://erreguete.gal/2018/12/26/arte-da-conversacion-raul-dans/
Fernán Vello, Miguel Anxo: «Notas ao vivo: Gustavo Pernas (25)», na edición dixital de Nós Diario, (5 de novembro de 2018). Dispoñible en: https://www.nosdiario.gal/opinion/miguel-anxo-fernan-vello/notas-ao-vivo-gustavo-pernas-25/20181105081205073386.html
Martínez, Enrique: «Gustavo Pernas: Naceron moitas cousas dos 20 días que pasei en Cuba
», na edición dixital do xornal Faro de Vigo, (26 de agosto de 2017). Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/sociedad/2017/08/26/gustavo-pernas-naceron-moitas-cousas-16230035.html
López Silva, Inma: «Síntome diestiano». Entrevista a Gustavo Pernas Cora na RGT, Revista Galega de Teatro, 444 (outono de 2005). Dispoñible tamén na edición dixital da Revista Galega de Teatro, onde foi publicada o 30 de outubro de 2018, con motivo do pasamento do autor: https://erreguete.gal/2018/10/30/hemeroteca-entrevista-gustavo-pernas-cora/
Loureiro Rodríguez, Carlos: «Gustavo Pernas: O dramaturgo ás veces convértese en demiurgo na voz do intérprete
», no Noticieiro galego, (19 de maio de 2015). Dispoñible en: https://www.noticieirogalego.com/gustavo-pernas-o-dramaturgo-as-veces-convertese-en-demiurgo-na-voz-do-interprete/
Maceiras, Xabier: «De Viveiro a Santa Icía, a penúltima viaxe do actor Gustavo Pernas», no blog Crónicas de Arteixo. Dispoñible en: http://cronicasdearteixo.blogspot.com/p/persoeiros.html
Nuevo Cal, Carlos Francisco: «No pasamento do gran amigo Gustavo Pernas Cora», publicado no xornal La Voz de Galicia, (30 de outubro de 2018). Dispoñible tamén no blog Viveiro. Cronista, onde foi publicado o 30 de outubro de 2020: https://viveirocronista.blogspot.com/2020/10/o-29-de-outubro-de-2018-finaba-na.html
Veiga, Eva: «Gustavo Pernas: deconstruír o establecido», publicado na edición dixital de La Voz de Galicia, (10 de decembro de 2018). Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/12/10/span-langglgustavo-pernas-deconstruir-establecidospan/0003_201812H10P29992.htm
Vieites, Manuel F. (coord.): Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Vigo: Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, 2007.
Como citar: Abad de Larriva, Ana : Gustavo Pernas Cora. Publicado o 14/6/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3065. Recuperado o 06/04/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Entrevista de Enrique Martínez a Gustavo Pernas en Faro de Vigo. Ver Documento
Martínez, Enrique: «Gustavo Pernas:
Fonte: https://www.farodevigo.es/sociedad/2017/08/26/gustavo-pernas-naceron-moitas-cousas-16230035.html [Descarga: 2023-06-12]Naceron moitas cousas dos 20 días que pasei en Cuba», na edición dixital do xornal Faro de Vigo, (26 de agosto de 2017).
Intervención de Gonzalo Pernas Cora nas X Xornadas sobre Lingua e Usos. Ver Documento
Pernas Cora, Gustavo: «Snak, snak, snak». En Biscaínho Fernandes, C.C. e Freixeiro Mato, X.R. (eds.): Lingua e teatro: X Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade, Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións, 2014; 93-105.
Fonte: Dialnet. Universidad de La Rioja.
Relatorio de Gustavo Pernas Cora no III Encontro de Escritores Galegos de 2006. Ver Documento
Pernas Cora, Gustavo: «Cando o teatro é noticia». En Rodríguez Gómez , Luciano (ed.): Literatura e xornalismo: III Encontros de Escritores Galegos: Pazo de Mariñán, 18, 19 e 20 de novembro . A Coruña: Deputación, 2006; 48-53. (Cadernos de Mariñán; 1)
Fonte: III Encontros de Escritores Galegos.
Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Texto íntegro da peza de Gustavo Pernas Cora ¡Ai, que sería de nós sen os obreiros!, incluída no espectáculo Sucesos, en 2001. Ver Documento
Fonte: Biblioteca Virtual Galega da UDC.
Texto íntegro da peza de Gustavo Pernas Cora A vella sensación do prohibido. Peza pintoresca e Pinteriana, incluída no espectáculo Sucesos, en 2001 e publicada no número 4 da revista Casahamlet (2002) . Ver Documento
Fonte: Biblioteca Virtual Galega da UDC
Texto íntegro da peza de Gustavo Pernas Cora Branco e negro, incluída no espectáculo Sucesos, en 2001. Ver Documento
Fonte: Biblioteca Virtual Galega da UDC
DOCUMENTACIÓN SOBRE
A obra Footing, de Gustavo Pernas, forma parte da Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo publicada por Cena Lusófona. Ver Documento. Artigo
«Cena Lusófona publica a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo con 12 obras en galego e portugués», publicado na edición dixital da Erregueté, Revista galega de teatro, (2 de setembro de 2022)
Fonte: https://erreguete.gal/2022/09/02/cena-lusofona-publica-antoloxia-do-teatro-galego-contemporaneo-dramaturxia/ [Descarga: 2023-06-13]
Homenaxe teatral a Gustavo Pernas en Erregueté, Revista galega de teatro. Ver Documento
«Ancorados: unha homenaxe teatral a Gustavo Pernas», publicado na edición dixital da Erregueté, Revista galega de teatro, (14 de xuño de 2019)
Fonte: https://erreguete.gal/2019/06/14/ancorados-unha-homenaxe-teatral-gustavo-pernas/
Artigo de Eva Veiga en lembranza de Gustavo Pernas publicado en La Voz de Galicia. Ver Documento. Artigo
Veiga, Eva: «Gustavo Pernas: deconstruír o establecido», La Voz de Galicia, (10 de decembro de 2018).
Fonte: La Voz de Galicia
Entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño á compañía Ancora Produccións no Día Mundial do Teatro en Gondomar, no blog A peneira do Val Miñor (18 de marzo de 2008). Ver Documento. Artigo
«Día Mundial do Teatro en Gondomar», A peneira do Val Miñor, (18 de marzo de 2008)
Fonte: https://apeneiradovalminhor.wordpress.com/2008/03/18/dia-mundial-do-teatro-en-gondomar/
Ligazóns de interese
Lembranza de Gustavo Pernas, por Carlos Francisco Nuevo Cal no blog Viveiro Cronista
Nuevo Cal, Carlos Francisco: «No pasamento do gran amigo Gustavo Pernas Cora», publicado no xornal La Voz de Galicia, (30 de outubro de 2018). Dispoñible tamén no blog Viveiro. Cronista, onde foi publicado o 30 de outubro de 2020.
Fonte: https://viveirocronista.blogspot.com/2020/10/o-29-de-outubro-de-2018-finaba-na.html [Consulta: 2023-06-12]
«A arte da conversación», por Raúl Dans
Dans, Raúl: «A arte da conversación», na edición dixital da Erregueté, Revista galega de teatro, (26 de decembro de 2018).
Fonte: https://erreguete.gal/2018/12/26/arte-da-conversacion-raul-dans/ [Consulta: 2023-06-12]
Artigo en memoria de Gustavo Pernas, por Miguel Anxo Fernán Vello
Fernán Vello, Miguel Anxo: «Notas ao vivo: Gustavo Pernas (25)», na edición dixital de Nós Diario, (5 de novembro de 2018).
Fonte: https://www.nosdiario.gal/opinion/miguel-anxo-fernan-vello/notas-ao-vivo-gustavo-pernas-25/20181105081205073386.html [Consulta: 2023-06-12]
Noticia sobre o falecemento de Gustavo Pernas na páxina web da sociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
aaag: «A AAAG lamenta o falecemento do actor, director e dramaturgo Gustavo Pernas Cora», na páxina web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), (30 de outubro de 2018).
Fonte: https://aaag.gal/novas/329/gustavo-pernas-cora?locale=gl_ES [Consulta: 2023-06-12]
Un percorrido pola vida de Gustavo Pernas en Luzes
«Gustavo Pernas (Viveiro 1959-A Coruña 2018)», na edición dixital da revista Luzes, (30 de outubro de 2018), na que se recollen imaxes e textos que o propio Gustavo Pernas Cora compartira no «Retrovisor», do número 32 da revista e que fan un breve percorrido pola súa vida.
Fonte: https://luzes.gal/30/10/2018/en-aberto/gustavo-pernas-viveiro-1959-a-coruna-2018/ [Consulta: 2023-06-13]
Carlos Loureiro entrevista a Gonzalo Pernas en Noticieiro galego
Loureiro Rodríguez, Carlos: «Gustavo Pernas:
Fonte: https://www.noticieirogalego.com/gustavo-pernas-o-dramaturgo-as-veces-convertese-en-demiurgo-na-voz-do-interprete/ [Consulta: 2023-06-12]O dramaturgo ás veces convértese en demiurgo na voz do intérprete», no Noticieiro galego, (19 de maio de 2015).
Gustavo Pernas Cora gañou o premio de teatro Álvaro Cunqueiro con Isobaras
«Gustavo Pernas gaña con Isóbaras o premio Álvaro Cunqueiro», culturagalega.gal, (26 de novembro de 2012)
Fonte: Consello da Cultura Galega.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=21817 [Consulta: 2023-06-13]
Vídeo de Gustavo Pernas Cora en que explica, en 2012, cales son os referentes e as lecturas que alimentaron a súa obra e que circunstancias biográficas llas facilitaron
Fonte: Centro de Documentación da AELG
Podcast do programa Abiertos hasta las 2, do 4 de decembro de 2009, en que Gustavo Pernas Cora fala dos seus Logomonos e conversa con Nancho Novo e Miguel Pernas sobre a montaxe escolar que fixeran nos Maristas da Coruña de Xesucristo Superstar
Fonte: RTVE.
«Un texto de Gustavo Pernas faise co premio de teatro Rafael Dieste: Un final de película» na páxina web de Cultura Galega (23 de febreiro de 2006)
Fonte: Consello da Cultura Galega
Entrevista de Inma López Silva a Gustavo Pernas
López Silva, Inma: «Síntome diestiano». Entrevista a Gustavo Pernas Cora na RGT, Revista Galega de Teatro, 444 (outono de 2005). Dispoñible tamén na edición dixital da Revista Galega de Teatro, onde foi publicada o 30 de outubro de 2018, con motivo do pasamento do autor.
Fonte: https://erreguete.gal/2018/10/30/hemeroteca-entrevista-gustavo-pernas-cora/ [Consulta: 2023-06-12]
Pernas Cora gaña coa obra Footing: Corre Dieste, corre premio Rafael Dieste de 2001
«Gustavo Pernas faise co premio de teatro Rafael Dieste con Footing: Corre Dieste, corre»,culturagalega.gal, (27 de xuño de 2001)
Fonte: Consello da Cultura Galega.
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=803 [Consulta: 2023-06-13]
Páxina web do Centro Dramático Galego
Fonte: http://centrodramatico.xunta.gal/cdg/
Páxina web da AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
Fonte: https://www.aaag.gal/
Xabier Maceiras escribe sobre Gustavo Pernas no seu blog Crónicas de Arteixo
Maceiras, Xabier: «De Viveiro a Santa Icía, a penúltima viaxe do actor Gustavo Pernas», no blog Crónicas de Arteixo.
Fonte: http://cronicasdearteixo.blogspot.com/p/persoeiros.html [Consulta: 2023-06-12]
Gustavo Pernas no Centro de Documentación da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Fonte: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/gustavo-pernas [Consulta: 2023-06-12]
Gustavo Pernas no Centro de Documentación de las Artes Escénicas y de la Música
Fonte; https://www.teatro.es/profesionales/gustavo-pernas-gustavo-adolfo-pernas-cora-4991 [Consulta: 2023-06-12]
Biobibliografía de Gustavo Pernas na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Gustavo_Pernas [Consulta: 2023-06-12]
Entrevista de María Solar a Gustavo Pernas Cora no ZigZag Diario da Televisión de Galicia arredor de Snakizados
Fonte: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/gustavo-pernas-azos-de-esguello-xornadas-de-danza [Consulta: 2023-06-12]
Ficha de Gustavo Pernas Cora, que inclúe unha autobiografía e a súa bibliografía, na Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña (UDC)
Fonte: Universidade da Coruña. Biblioteca Virtual Galega
Videos
Vídeo de Gustavo Pernas Cora en 2007 en que explica por que escribía. AELG
Fonte: AELG através da canle de youtube https://www.youtube.com/watch?v=5Jn2YWxxYEU [Consulta: 2023-06-12]
Gustavo Pernas Cora le, en 2008, un fragmento de Si o vello Simbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro.
Fonte: Vídeo da AELG, dispoñible na súa canle en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=RfpILdFaqG4
Gustavo Pernas fala na Culturgal de 2008 dos seus proxectos. AELG
Fonte: Vídeo da AELG, dispoñible na canle en Youtube da Axenda Cultural da AELG. https://www.youtube.com/watch?v=wlsy7qwSks8&t=8s
Vídeo da presentación do libro Tres Logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados, de Gustavo Pernas Cora na Culturgal en 2012.
Fonte: Canle de YouTube de Redelibros: https://www.youtube.com/watch?v=kWV1tfAxIb0 [Consulta 2023-06-12]
Vídeo promocional de Colgados, de Ancora Teatro, interpretada por Gustavo Pernas Cora.
Fonte: Canle en Youtube de Ancora Produccións: https://www.youtube.com/watch?v=VMv9ij9TzDQ [Consulta: 2023-06-12]
Gustavo Pernas Cora en Snakizados, escrita e interpretada por el, baixo a dirección de Ánxela G. Abalo
Fonte: Vídeo de Cultura Galega, dispoñible en YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=nXuWmvbANMI [Consulta: 2023-06-12]
Vídeo de Gustavo Pernas Cora a ler, en 2008, un fragmento do seu texto Ladraremos: Comedia de amor e medo, a primeira peza da triloxía Comedias paranoicas
Fonte: Vídeo da AELG dispoñible na canle en Youtube da AELG: https://www.youtube.com/watch?v=ME6tdg1c9wE
Libros do ccg sobre Gustavo Pernas Cora
Galicia e a residencia teatral: compañías residentes e regularización do tecido teatral.
2001 | Manuel F. Vieites, Coordinación.
Actas do Encontro celebrado en Santiago de Compostela o 28 e 29 de maio de 1999