Cultura Proletaria
O Arquivo da Emigración Galega publica en rede a dixitalización dunha parte dos números do xornal Cultura Proletaria. Periódico de Ideas, Doctrina y Combate, publicado en Nova York dende 1927 ata 1953. Comezou a editarse en marzo de 1927, tras o traslado da publicación Cultura Obrera a Detroit.No seu primeiro número declara a súa defensa dos dereitos dos e das traballadoras dende os ideais libertarios e anarquistas, que nunca deixarán de lado durante toda a súa longa traxectoria, algo pouco habitual nos xornais desta ideoloxía. Estaba dirixido a todos os traballadores de orixe hispana residentes nos Estados Unidos e dende 1930 convértese no voceiro da Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana dese país. Continuou, así, o labor do desaparecido Cultura Obrera e chega a ser un dos xornais anarquistas máis influentes en castelán neses anos.
Este xornal foi localizado e dixitalizado polo Consello da Cultura Galega na The New York Public Library, no marco dun proxecto sobre os obreiros anarquistas galegos no exterior, dirixido polo profesor Bieito Alonso.
Póñense a disposición das persoas interesadas os primeiros 347 números da publicación, que abranguen de 1927 ata 1934. Nos próximos meses continuaremos a publicar os restantes que se preservan nos fondos hemerográficos do Arquivo da Emigración Galega.
Título | Ano | País | Lugar | Entidade | Dixitalizados |
---|---|---|---|---|---|
Título | Ano | País | Lugar | Entidade | Dixitalizados |
Cultura Proletaria
Periódico de Ideas, Doctrina y Combate 1930 (A partir do n.º 164): Portavoz de la Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana en los Estados Unidos |
1927 | EEUU | Nova York | Federación de Grupos Anarquistas de los Estados UnidosPublicación impresa. Entidade editora |
502 |