Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2018 en homenaxe a María Victoria Moreno, o Consello da Cultura Galega publica en edición facsimilar Mar adiante, a súa primeira novela en lingua galega e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. A obra recolle o relato dunha mestra que lle contou un día ao profesorado do seu colexio que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que o seu alumnado a coñeza.
Esta edición conmemorativa está enriquecida cun texto orixinal da autora, ilustrado por ela mesma, pero que non era coñecido do público: o conto mecanoscrito «Crarisca». Ademáis, dous estudos previos dotan esta publicación dun trazo moi orixinal: un estudo propio de experto en historia literaria, Xesús Alonso Montero, e un texto escrito por Sara Alonso Pimentel en forma de carta persoal que dá resposta a «unha conversa pendente».

| Título | Mar adiante historias de nenos pra nenos |
| Autoría |
María Victoria Moreno |
| Estudo |
Xesús Alonso Montero Sara Alonso Pimentel |
| Limiar |
Ramón Villares |
| Obxecto de estudo |
María Victoria Moreno |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 44, 60 p. : il., cor; 22 cm. +1 folleto (11 p.) |
| Notas | Contén: 1.- Limiar, por Ramón Villares. 2.-Estudos: Mar adiante, de María Victoria Moreno, na vida da autora, na miña e na dos meus, por Xesús Alonso Montero; Intensa intermitencia: unha conversa pendente, por Sara Alonso Pimentel. 3.- Facsímile Mar adiante: historias de nenos pra nenos |
| ISBN | 978-84-92923-90-8 |
| Depósito Legal | C 588-2018 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)