Mulleres no Álbum de Galicia

no Álbum de Galicia (0 persoas)

Mulleres no Álbum de Galicia

Galería biobibliográfica que, de xeito individualizado, proporciona información sobre mulleres galegas ou relacionadas con Galicia, xa finadas. Na súa elaboración, realizada principalmente a través de colaboracións externas e especializadas, os esforzos céntranse en buscar e dar a coñecer referencias das mulleres máis esquecidas pola historia, sen deixar de lado as máis recoñecidas e estudadas. Dáse maior importancia, nestes últimos casos, á visibilización das vertentes menos difundidas das súas traxectorias.

A galería renóvase periodicamente ben a través dunha nova entrada, ben con ampliacións ou revisións das xa existentes.

Cada entrada dá conta da singularidade da muller tratada e achega elementos que amosan as relacións e producións das protagonistas. Engádense ligazóns de interese, arquivos fotográficos, pictóricos, sonoros e audiovisuais así como materiais documentais divididos en dúas categorías: «documentos de» e «documentos sobre». Na primeira categoría recóllense producións da muller que se trata. A segunda componse de documentos doutras autorías e relacionados con ela. Algúns destes teñen xa un carácter histórico, outros son de nova creación.

[-] TEMÁTICAS: Publicación: // -
Biografado/a Temáticas

-