Correspondente
Ramón Otero Pedrayo
1888 (Ourense) – 1976 (Ourense)
Patriarca das letras galegas, pertenceu á Xeración Nós. Traballou distintos xéneros: ensaio, novela, poesía... ademais de estudos científicos xeográficos na súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Galeguista, foi deputado nas Cortes da II República.
Cartas escritas e recibidas
Por riba do eixe, as cartas que escribiu; por debaixo, as que recibiu. Preme nun período para ver esas cartas.
En que coleccións e fondos aparece
- 167 cartas Otero Pedrayo e Carballo Calero
- 104 cartas Otero Pedrayo con Antonio Fraguas
- 7 cartas Lois Tobío no seu arquivo persoal
- 6 cartas Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela
- 5 cartas Epistolario entre Ramón Otero Pedrayo e Ramón Cabanillas
- 3 cartas Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
Con quen se escribía
Á esquerda, as cartas que Ramón Otero Pedrayo lle escribiu a cada persoa; á dereita, as que recibiu dela.


