A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 8 de abril de 2005, a convocatoria de bolsas de colaboración en diferentes proxectos de investigación que neste momento se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)
As bolsas ás que poden optar os/as licenciados/as en Filoloxía Galega son:
- unha bolsa para colaborar no proxecto de investigación e estudo do galego no exterior.
- unha bolsa para colaborar no proxecto de terminoloxía científico-técnica.
- unha bolsa para colaborar no proxecto de lírica medieval, vinculado ao Arquivo Galicia Medieval.
O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria. Se desexa máis información, prema aquí.

