Co obxectivo de crear o Servizo Municipal de Normalización Lingüística, o Concello de Marín fai pública a convocatoria para a contratación urxente en réxime laboral temporal, a xornada completa, de dous postos de “especialista en lingua galega”.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro luns, día 21 de novembro.
(Máis información)
Os aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
-Ser español/a ou cidadán/á de calquera dos estados membros da Comunidade europea.
-Ter cumpridos os 18 anos de idade.
-Estar en posesión do título de licenciado en Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués) ou Filoloxía Galega; ser mestre co diploma de especialista en lingua galega ou posuír o diploma do nivel superior de linguaxe administrativa galega.
-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións propias do posto.
-Non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.
-Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.
-Ingresar na Tesourería Municipal a cantidade de 18, 03 euros por dereitos de exame.
O proceso de selección constará de dúas probas:
-Proba de carácter escrito, obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na tradución directa ao galego dun texto en castelán.
-Proba de carácter oral, obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na exposición diante da Comisión Cualificadora dun proxecto de actividade para o servizo de normalización lingüística que se pretende crear.
Para obter máis información, debe poñerse en contacto co
Concello de Marín: teléfono 986 880300

