O Departamento de Lingua da Deputación da Coruña organiza o II Encontro de profesionais da normalización lingüística no eido local, que ten como obxectivo xerar un espazo de coñecemento mutuo e cohesión entre profesionais do eido da normalización lingüística na provincia, presentar referentes inspiradores para o traballo normalizador e valorar posibilidades de intervención para a activación de falantes na infancia e a adolescencia.
O evento terá lugar o vindeiro xoves, 4 de xuño de 2026, no Pazo de Mariñán (Bergondo).
Para consultar o programa completo e acceder ao formulario de inscrición, preme aquí.

