Galego 2.0: enredad@s coa cultura

----

Galego 2.0: enredad@s coa cultura

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, presenta un novo produto documental. Chámase "Galego 2.0: enredad@s coa cultura", coa intención de promover o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade.
Galego 2.0: enredad@s coa cultura
As principais análises sociolingüísticas coinciden en sinalar a infancia e a mocidade como os dous sectores de poboación nos que cómpre actuar de xeito preferente para asegurar a supervivencia do galego. Así mesmo, tras os últimos acontecementos vividos con motivo da pandemia da Covid-19, Internet reafirmouse como un ámbito de especial transcendencia para a transmisión de contidos educativos e culturais. Partindo destas dúas premisas, a relevancia estratéxica do ámbito dixital e a urxencia de incidir nos usos lingüísticos dos máis novos/as, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia elaborou o produto documental Galego 2.0, onde atoparás unha selección de 150 recursos en liña deseñados para promover o uso da lingua galega entre a infancia e a mocidade.

Botando man das ferramentas da web 2.0, onde a rapazada se move con pericia, elaboramos seis taboleiros temáticos en Pinterest, que iremos presentando ao longo deste mes de xullo. Cada xoves coñecerás unha nova entrega, que che permitirá enredarte con nós na música, no audiovisual, nos xogos, no ensino, na literatura e na ciencia en galego.

Convidámoste a que descubras o que hai na rede ao teu dispor e a que te animes ti tamén a crear e difundir en galego os teus propios contidos.

Recomendamos: