O Concello de Vilalba acordou darlle o nome de Agustín Fernández Paz á biblioteca municipal, así como descubrir unha placa na súa honra.
Esta é unha das iniciativas que suma no propósito do Instituto de Estudos Chairegos de solicitar o Día das Letras Galegas 2028 para un dos autores en lingua galega máis aprezados, especialmente entre a mocidade. As distintas actividades que programen irán publicándose na páxina Miradas sobre Agustín.

