Preséntase o imaxin Galgo 2.0

Preséntase o imaxin Galgo 2

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presenta o imaxin Galgo 2.0, unha versión actualizada do coñecido corrector Galgo (cuxa primeira versión foi presentada en 1999), elaborado pola empresa compostelá imaxin/software.

As tres principais novidades con respecto á versión anterior son que o imaxin Galgo 2.0 está adaptado á normativa oficial vixente (aprobada pola RAG en 2003), está deseñado para as novas versións de Microsoft Word para Windows e conta tamén cunha versión para Mac.
A diferenza doutros correctores ortográficos xa existentes, o imaxin Galgo ten a vantaxe de que ademais de detectar erros tipográficos e ortográficos, axuda tamén a resolver problemas léxicos.