O alumnado de Leipzig explícanos as súas razóns para estudar galego


O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig (Alemaña) presenta un vídeo onde o alumnado do pasado curso 2011-2012 explica as súas razóns para estudar a nosa lingua, reflexiona sobre o seu achegamento á cultura galega e valora a súa experiencia como estudantes de galego en Alemaña.

O Centro de Estudos Galegos de Leipzig creouse en outubro de 2010 e dende entón ofrece cursos de lingua e cultura galegas, así como formación en tradución entre o galego e o alemán.