A Deputación de Pontevedra convoca bolsas de prácticas laborais para titulados/as universitarios/as, menores de 31 anos e sen experiencia laboral previa, que desenvolverán as tarefas tanto nos servizos e centros dependentes da Deputación, como en diferentes concellos da provincia.
Catro destas bolsas están destinadas a licenciados/as ou graduados/as en Filoloxía Galega (tres para traballar en centros da Deputación e unha cuarta para traballar no Concello de Cangas do Morrazo).
A duración das bolsas é de seis meses, prorrogables por outros seis. A dotación económica é de 800 euros ao mes.
As persoas interesadas teñen de prazo para presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 25 de xaneiro de 2013.

