A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a convocatoria de nove bolsas de formación en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Trátase en concreto dos seguintes proxectos: Catalogación dos fondos bibliográficos do Centro Ramón Piñeiro (1 bolsa), Dicionarios de literatura (1 bolsa), Codolga: Corpus documentale Latinum Gallaeciae (1 bolsa), Bilega: Bibliografía informatizada da lingua galega (1 bolsa), Terminoloxía científico-técnica (1 bolsa), Informes de literatura (1 bolsa), Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos (1 bolsa), Lírica profana galego-portuguesa (1 bolsa), Dimensións da identidade colectiva de Galicia (1 bolsa).

