Bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria de oito bolsas de formación en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Trátase en concreto dos seguintes proxectos: Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (1 bolsa); Codolga: Corpus documentale Latinum Gallaeciae (1 bolsa); Bilega: Bibliografía informatizada da lingua galega (1 bolsa); Terminoloxía científico-técnica (1 bolsa); Informes de literatura (1 bolsa); Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos (1 bolsa); Lírica profana galego-portuguesa (1 bolsa); Dimensións da identidade colectiva de Galicia (1 bolsa).