A RAG celebra en Vigo o pleno extraordinario das Letras Galegas


A Real Academia Galega celebrará o pleno extraordinario das Letras Galegas o vindeiro luns 17 de maio, no Auditorio Mar de Vigo, a partir das 13:00 h. No acto, celebrado en homenaxe a Xela Arias, participarán Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas, en representación da RAG. Así mesmo, haberá unha actuación musical a cargo de Mónica de Nut, Pablo Carrera e Fernando Abreu. Podes seguir a emisión en director nesta ligazón. Para ampliar información, preme aquí.