Convócase unha bolsa de prácticas nos traballos de campo e recollida de información no Concello de Fene para o Proxecto Toponimia de Galicia.
(Máis información)
A esta convocatoria poderán presentarse os/as licenciados/as en Filoloxía Galega que cursen estudios de 3º ciclo, así coma o alumnado desta titulación que na actualidade estea matriculado nos dous últimos cursos da licenciatura.
O traballo, que consiste na recollida de información sobre a toponimia do Concello de Fene, desenvolverase durante os meses de setembro a decembro cunha duración de 20 horas semanais. O/a bolseiro/a contará cunha axuda de 3 000 euros para desenvolver este labor.
Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, segundo o modelo que se achega coa convocatoria, desde o día 1 de xullo ata o 21 do mesmo mes, ambos incluídos.
Se desexa máis información, pode consultar aquí o documento coas bases da convocatoria (en Word).

