Praza de normalizador lingüístico para o Concello de Melide


O Concello de Melide publica no DOG do 18 de xullo de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir a praza de normalizador lingüístico, incluída na oferta de emprego público de 2002..
(Máis información)

A praza está clasificada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, grupo B, e esíxese como requisito posuír o título de diplomado.


O sistema de selección comporase de dúas fases: fase de concurso de méritos e fase de oposición libre.


O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria será de vinte días naturais a partir do día seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no BOE.


Se desexa consultar as bases específicas desta convocatoria, prema aquí.