Bolsas de colaboración en proxectos do Consello da Cultura Galega


Convócanse dez bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no CCG. Os/as licenciados/as en filoloxía galega poderán optar ás bolsas para traballar nos proxectos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e da Sección de Lingua.
(Máis información)



A duración de ambas as bolsas será de 4 meses e o/a bolseiro/a percibirá unha contía mensual de 750 euros.


Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o día 2 de setembro.


Pode obter máis información consultando as bases da convocatoria no DOG do 8 de agosto.