O Concello de Ourense convoca unha praza de técnico de normalización lingüística


O Concello de Ourense publica no BOP do 2 de outubro de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público de 2003.
(Máis información)

O sistema de selección comporase de dúas fases: fase de concurso de méritos e fase de oposición libre.


O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria será de vinte días naturais a partir do día seguinte hábil ó da publicación deste anuncio no BOE.


Se desexa consultar o temario e as bases específicas desta convocatoria, prema aquí.