Bolsa para a realización de actividades de normalización lingüística no Concello de Pontevedra


O Concello de Pontevedra publica no BOP do 10 de novembro de 2003 as bases que rexerán o concurso para a adxudicación dunha bolsa que ten como obxecto a realización de tarefas de dinamización e asesoramento lingüístico.
(Máis información)

Poderán presentarse a esta convocatoria todas aquelas persoas licenciadas en Filoloxía Galega ou Filoloxía Galego-Portuguesa, que estean inscritas na oficina de emprego e que non gozen doutra bolsa ou axuda na actualidade.


As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do concello nun prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte á publicación do anuncio no BOP de Pontevedra.


Se desexa consultar o documento coas bases desta convocatoria, prema aquí.