O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca catro bolsas de colaboración para participar en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no seu seo.
(Máis información)
Segundo a convocatoria publicada no DOG do 24 de decembro de 2003, os proxectos para os que se convocan as devantidas bolsas son os seguintes:
- Proxecto sobre terminoloxía científico-técnica (1 bolsa)
- Proxecto de síntese de voz en galego (2 bolsas)
- Proxecto de dicionarios de literatura (1 bolsa)
O/a bolseiro/a obterá unha retribución mensual de 758,89 euros durante o período que comprende desde a concesión da bolsa ata o 31 de decembro de 2004, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de tres anos.
Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude corenta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

