O Concello de Ames publica a convocatoria e mais as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na OPE de 2022. Entre as prazas ofertadas inclúese unha de técnico/a de normalización lingüística (persoal laboral, grupo A1). O sistema de selección será o concurso de méritos. Os aspirantes deben estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), o grao en Lingua Galega, ou a titulación en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas, sempre que se dispoña do Celga 5, ou equivalentes. O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
Podes consultar o texto completo das bases premendo aquí. [corrección de erros]

