Novas da lingua

Rexistros5431 a 5436 de 5436
30/10/2002.

Concurso para a campaña Entre nós en galego

A Dirección Xeral de Política Lingüística convoca no DOG do 28 de outubro un concurso público para a subministración de material promocional da campaña Entre nós en galego.
(Máis información)
30/10/2002. AXUDAS E PREMIOS

Aprobadas as subvencións para servicios lingüísticos

A Dirección Xeral da Administración Local concedeu as subvencións
para a apertura ou mantemento de servicios lingüísticos que desenvolvan
tarefas de campañas de dinamización ou de asesoramento lingüístico
en concellos. Pode consultar a listaxe dos novos servicios.
(Máis información)
05/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

Simposio Léxico e estandarización en Galicia

O Instituto da Lingua Galega abordou durante o mes de novembro cuestións como os empréstitos ou a elaboración dun vocabulario científico en galego.
(Máis información)
13/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

Volve Ciberlingua

A campaña de dinamización do idioma na Internet volve este curso ós centros educativos dos Concellos de Santiago, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Lugo. Coma na anterior edición, tanto os pais coma os profesores e os alumnos poderán coñecer as ferramentas dispoñibles para navegar pola rede en galego.
(Máis información)
31/10/2002. DINAMIZACIóN

Unha lingua para despois de nós

O SNL de Redondela pón en marcha unha campaña para apoiar o uso do galego nos trámites e xestións relacionadas coa morte. Mediante unha declaración de vontades, a persoa interesada manifesta o desexo de que, chegado o seu pasamento, tanto o seu funeral coma as esquelas ou a lápida estean en galego.
(Máis información)
11/10/2002. OUTRAS

Benvido/a ó sitio do CDSG

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia pretende contribuír á normalización da lingua galega, dedicándose á recuperación, conservación e difusión do patrimonio sociolingüístico galego e á compilación de información de interese sobre situacións lingüísticas semellantes.


Demandado desde diversos sectores vinculados á normalización lingüística, o CDSG xorde en 1996 como un proxecto da Sección de Lingua, integrada no Consello da Cultura Galega, e consolídase tempo despois coa constitución da correspondente Comisión Técnica.


O CDSG pretende ser o centro de referencia de persoas e entidades interesadas na planificación lingüística en Galicia, fornecer documentación especializada e garantir a preservación do fondo documental xerado ó redor da nosa lingua. Xa que logo, este Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística configúrase como un espacio aberto a investigadores, traballadores e outras persoas interesadas no estudio da cuestión sociolingüística galega.


Algunhas das seccións do noso sitio web están aínda sen rematar, polo que agardamos calquera suxerencia que nos axude a mellorar este servicio e a ofrecer información cada vez máis completa sobre o galego e outras linguas minorizadas.
18/11/2002. DINAMIZACIóN

Terceira edición de Entre nós en galego

A Consellería de Educación pón en marcha a campaña de promoción do idioma no ensino non universitario. Nesta edición, os alumnos de doce centros do Bierzo tamén poderán participar nos diferentes concursos.
(Máis información)