A muller galega. Estereotipos e crítica

----

A muller galega. Estereotipos e crítica

Este especial nace coa intención de pór o foco en estudos que toman como obxecto de estudo mulleres en diferentes ámbitos de actividade social e cultural e que teñen como pano de fondo Galicia. As imaxes, documentos de interese, rexistros sonoros e ligazóns web dan forma a un conxunto que vai desde 1880 ata 2019, e permiten facer un percorrido polos camiños andados ata a actualidade desde diferentes áreas de coñecemento e perspectivas de análise. Son máis numerosas as referencias antropolóxicas e etnográficas, pero tamén se recollen traballos realizados desde a historia, a socioloxía ou a filosofía. Unha parte das achegas están elaboradas desde olladas críticas, incluídas as feministas, outras dan conta da permanencia de lecturas estereotipadas sobre a cultura, a etnicidade, os sexos, as mulleres, as sexualidades, as clases ou os roles de xénero.
  • COORDINACIÓN:
    Mariám Mariño Costales
    DOCUMENTACIÓN:
    Anxos Sumai
    Susana Guitar Novo
    REVISIÓN LINGÜÍSTICA
    Begoña Tajes Marcote
    REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
    Anxos Sumai
    BASE DE DATOS
    Kike Benlloch
    TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
    Mariám Mariño Costales
    ASESORAMENTO
    Nieves Herrero Pérez
    Helena González Fernández
    12/6/19

Fotobibliografía

<cite>Álbum de Galicia. A muller tradicional</cite>, Vigo, Edicións Xerais,1996.

Álbum de Galicia. A muller tradicional, Vigo, Edicións Xerais,1996.

1996. Fonte: dialnet [16/04/2019]

Achéganos un conxunto de artigos literarios da segunda metade do século XIX, elaborados por Emilia Pardo Bazán, Manuel Curros Enríquez, Manuel Murguía, Lisardo Barreiro, Filomena Dato Muruais e Fernando Fulgoso, Manuel Vázquez de Parga, Ángela E. de B. y B e Claudio Cuveiro, acompañados de estampas ilustradas sobre «a muller tradicional galega» da época.

<cite>Alicerces. A Santa de Gonzar. Un caso clínico do século XIX</cite>, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, 1993.

Alicerces. A Santa de Gonzar. Un caso clínico do século XIX, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, 1993.

1993. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

A publicación recolle tres textos do século XIX arredor do caso de Xosefa de la Torre, natural de Gonzar (concello do Pino), que viviu máis de trinta anos sen comer nin beber. O primeiro deles é considerado o primeiro tratado de antropoloxía que se escribe en Galicia. O seu autor é José Varela de Montes, precursor da etnomedicina en Galicia. O segundo é a descrición sobre o caso do cura D. Bieito Lareu e Barreiro. O terceiro é un documento adicional do anterior.

LISÓN TOLOSANA, Carmelo (2004) [1ª ed. 1979]: <cite>Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia</cite>, Madrid, Akal.

LISÓN TOLOSANA, Carmelo (2004) [1ª ed. 1979]: Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia, Madrid, Akal.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

É unha introdución histórica da relación existente entre as bruxas e a Inquisición, e estuda de xeito detido a «sabia», a «bruxa» e a «meiga» en Galicia.

<cite>A muller na agricultura. IV Xornadas Agrarias Galegas</cite>, Santiago de Compostela, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, 1987.

A muller na agricultura. IV Xornadas Agrarias Galegas, Santiago de Compostela, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, 1987.

1987. Fonte: pinterest.es [16/04/2019]

A publicación recolle os relatorios presentados nesta xornada.

MÉNDEZ PÉREZ, Lourdes (1988): <cite>Cousas de mulleres. Campesinas, poder y vida cotidiana (Lugo 1940-1980)</cite>, Madrid, Anthropos.

MÉNDEZ PÉREZ, Lourdes (1988): Cousas de mulleres. Campesinas, poder y vida cotidiana (Lugo 1940-1980), Madrid, Anthropos.

1988. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Estudo antropolóxico no que se analizan tres ámbitos interrelacionados: económico, xurídico e relacional sobre a evolución da vida cotiá das campesiñas galegas, para dar resposta a preguntas como: Cal é o lugar ocupado tradicionalmente polas labregas? Como lles afectan os cambios xurídicos e técnicos? Cales son os seus roles, funcións, saberes e competencias? Onde se sitúan e como son situadas polos demais? Por que se fala de Galicia como dun patriarcado con igualdade de dereitos? Tiñan as labregas máis poder que as agricultoras?...

GONDAR PORTASANY, Marcial (1991): <cite>Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller</cite>, Vigo, Edicións Xerais.

GONDAR PORTASANY, Marcial (1991): Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller, Vigo, Edicións Xerais.

1991. Fonte: pinterest.es [16/04/2019]

Libro no que o cotián, os desequilibrios, as tensións e os conflitos das viúvas novas da Galicia mariñeira ocupan un lugar central.

<cite>A muller galega no mercado de traballo. Unha perspectiva de 1981 a 1992</cite>, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993.

A muller galega no mercado de traballo. Unha perspectiva de 1981 a 1992, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993.

1993. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Informe elaborado polo Obradoiro de Socioloxía facendo uso de métodos cuantitativos e cualitativos, como entrevistas a empresarias, sindicalistas, autónomas e altos cargos da Administración.

PALLARÉS MÉNDEZ, M. Carmen (1993): <cite>A vida das mulleres na Galicia medieval. 1100-1500</cite>, Universidade de Santiago de Compostela.

PALLARÉS MÉNDEZ, M. Carmen (1993): A vida das mulleres na Galicia medieval. 1100-1500, Universidade de Santiago de Compostela.

1993. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Trátase dun estudo realizado desde o punto de vista da historia social, pondo de manifesto a realidade plural vivida polas mulleres na época analizada.

<cite>Actas do seminario Anorexia. Dieta, estética, crenzas</cite>, Santiago de Compostela 19-20 de maio de 1994, organizado pola Sección de Etnomedicina do Museo do Pobo Galego.

Actas do seminario Anorexia. Dieta, estética, crenzas, Santiago de Compostela 19-20 de maio de 1994, organizado pola Sección de Etnomedicina do Museo do Pobo Galego.

1994. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Componse de textos de Marcial Gondar Portasany, David Simón Lorda, Beni Castro Calvo e Isabel Pais Pazos, Xosé Chao Rego, José Antonio López Taboada, Louis F. Gayral, Antonio Rodríguez López, Demetrio Barcia e María Eulalia Ruíz, e Lourdes Méndez Pérez. Profesionais da antropoloxía e a medicina que desde as súas disciplinas, e tamén baixo un prisma histórico, analizan e debaten o caso de Xosefa de la Torre a «espiritada de Gonzar», como exemplo do que pode dar de si a práctica da antropoloxía aplicada.

REY-HENNINGSEN, Marisa (1994): <cite>The world of the Ploughwoman. Folklore and Reality in Matriarchal Northwest Spain</cite>, Helsinki, Academia Scientiarum Fennica.

REY-HENNINGSEN, Marisa (1994): The world of the Ploughwoman. Folklore and Reality in Matriarchal Northwest Spain, Helsinki, Academia Scientiarum Fennica.

1994. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Segundo a autora, este libro é unha contribución ao debate sobre o folclore como reflexo da sociedade e unha demostración de que todos os aspectos da cultura galega se viron «canonizados no folclore». Presta atención aos sistemas familiares, aos modelos de traballo, á ideoloxía matriarcal, á sexualidade, á relixión e á maxia. Fala tamén da existencia dun matriarcado fortemente arraigado en Galicia e defende que non é consecuencia da emigración dos homes na época moderna.

<cite>Estudio sobre a prostitución no sur de Galicia</cite>, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997.

Estudio sobre a prostitución no sur de Galicia, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997.

1997. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Investigación realizada por membros do Departamento de Socioloxía da Universidade de Vigo, que implica a realización de traballo de campo en dez localidades galegas coa finalidade a abarcar áreas urbanas, semiurbanas e rurais.

GONZÁLEZ PARENTE, Mariluz; LOMBÁN PAZOS, Marta (1999): <cite>Nais, xornaleiras e emigrantes</cite>, Concello de Santiago de Compostela.

GONZÁLEZ PARENTE, Mariluz; LOMBÁN PAZOS, Marta (1999): Nais, xornaleiras e emigrantes, Concello de Santiago de Compostela.

1999. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Facendo uso de fontes orais e desde unha perspectiva comparativa, investiga e dá a coñecer cuestións relativas á participación das mulleres galegas na emigración cara a América e Europa.

PEREIRA POZA, Antonio (2001): <cite>Ritos de embarazo e parto en Galicia</cite>, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Sada, Ediciós do Castro.

PEREIRA POZA, Antonio (2001): Ritos de embarazo e parto en Galicia, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Sada, Ediciós do Castro.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Trátase dun estudo sobre obstetricia popular en Galicia, a través de enquisas realizadas a profesionais médico-sanitarios que traballaron no medio rural entre os anos corenta e cincuenta do século XX.

GRADAÍDE PERNAS, Rita (2004): <cite>Educación e socialización da muller na Galicia rural</cite>, Sada, Ediciós do Castro.

GRADAÍDE PERNAS, Rita (2004): Educación e socialización da muller na Galicia rural, Sada, Ediciós do Castro.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Estudo de corte etnográfico no que priman os métodos cualitativos e, particularmente, as historias de vida para abordar a influencia do medio rural nas traxectorias sociobiográficas de tres xeracións de mulleres, nos seus itinerarios académicos, laborais e persoais.

SÁNCHEZ BELLO, Ana (2006): <cite>O traballo das mestra en Galicia: entre a produción e a reprodución</cite>, Concello de Santiago de Compostela.

SÁNCHEZ BELLO, Ana (2006): O traballo das mestra en Galicia: entre a produción e a reprodución, Concello de Santiago de Compostela.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Elaborado desde unha ollada sociolóxica, amais de dar conta dos discursos dominantes sobre o feminino e o masculino, analiza o proceso de socialización sobre identidade sexual levado a cabo na escola, a vida cotiá do profesorado, o teito de cristal existente nos centros educativos, os estereotipos arredor dos sexos e a dificultade de rachar coas estruturas patriarcais na disposición do tempo das mulleres.

<cite>A memoria esquecida: peladas, presas, paseadas</cite>, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2006.

A memoria esquecida: peladas, presas, paseadas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2006.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

O libro, promovido polo desaparecido Servizo Galego de Igualdade en colaboración coa Revista galega de pensamento feminista Andaina, nace con vocación de dosier. Componse de oito estudos realizados por Carme Alvariño e Mercedes González, Carmen Blanco, Aurora Marco, Laura Gómez Lorenzo, Raquel Barreiro Paz, Nanina Santos Castroviejo, Victoria Díaz e Patricia Arias Chachero, Nas súas investigacións, os testemuños das protagonistas «peladas», «presas» e «paseadas» da represión franquista ocupan un lugar protagonista.

RIAL GARCÍA, Serrana Mercedes (2007): <cite>O traballo das mulleres na Galicia rural do antigo réxime</cite>, Concello de Santiago de Compostela.

RIAL GARCÍA, Serrana Mercedes (2007): O traballo das mulleres na Galicia rural do antigo réxime, Concello de Santiago de Compostela.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Traballo de estudo e análise dos roles de xénero, particularmente dos femininos, na estrutura económica da Galicia rural durante o século XVIII.

CASTRO, Xavier (2007): <cite>Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX</cite>, Vigo, Nigratrea e Concello de Valga.

CASTRO, Xavier (2007): Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, Vigo, Nigratrea e Concello de Valga.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Libro de investigación histórica no que o autor emprega textos etnográficos, literarios e testemuños orais, e no que, con frecuencia, as mulleres son obxecto de atención concreta.

MUÑOZ ABELEDO, Luisa (2010): <cite>Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera de Galicia 1870-1970</cite>, Barcelona, Icaria.

MUÑOZ ABELEDO, Luisa (2010): Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera de Galicia 1870-1970, Barcelona, Icaria.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Biografía laboral colectiva do traballo das mulleres na industria conserveira galega e a súa repercusión nas familias.

ALONSO POBLACIÓN, Enrique; ROSEMAN, Sharon S. (ed./coord.) (2012): <cite>Antropoloxía das mulleres galegas</cite>, A Coruña, Sotelo Blanco.

ALONSO POBLACIÓN, Enrique; ROSEMAN, Sharon S. (ed./coord.) (2012): Antropoloxía das mulleres galegas, A Coruña, Sotelo Blanco.

. Fonte: exemplar da biblioteca do CCG

Obra que recolle os estudos de Hans Christian Buechler, Judith-Maria Buechler, Anna Aalten, Heidi Kelley, Cecile Høj Anvik, Sarah Keene Meltzoff, Tanya Gulevich, Marina Richter e Sharon Roseman. Nove antropólogas e un antropólogo estranxeiras, que realizaron o seu traballo de campo en diversos puntos da xeografía galega entre 1975 e 2004, e que centraron as súas análises nas relacións de xénero nas localidades estudadas.

RODRÍGUEZ SALGADO, Laura; VÁZQUEZ SILVA, Iria (coord.) (2017): <cite>Muller inmigrante. Lingua e sociedade</cite>, Vigo, Editorial Galaxia.

RODRÍGUEZ SALGADO, Laura; VÁZQUEZ SILVA, Iria (coord.) (2017): Muller inmigrante. Lingua e sociedade, Vigo, Editorial Galaxia.

. Fonte: dialnet [16/04/2019]

Libro que ten como obxectivo achegarse ás mulleres inmigrantes asentadas en Galicia, co fin de comprender as súas singularidades no proceso de integración tendo en conta a súa bagaxe cultural e lingüística de orixe. Constrúese con artigos de Iria Vázquez Silva, Laura Rodríguez Salgado, Antía Pérez-Caramés, Belén Fernández-Suárez, Carme Pereiro Felípez, Gabriela Prego Vázquez, Luz Zas Varela, Verónica Verdía Varela, Ana Sánchez Bello e Renée DePalma.