Fondo 'Queimada popular de Cervo'

Fondo 'Queimada popular de Cervo'

Presentamos a colección de carteis da Queimada Popular de Cervo, ilustrados por Xosé Vizoso, a quen se lle dedica o Día da Ilustración 2025, convocado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Este conxunto de carteis é unha boa mostra do recoñecible estilo de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), quen estivo vinculado ao deseño na fábrica de Sargadelos. Os carteis celebran a compoñente lúdica e máxica coa que se construiu o ritual da queimada na Galicia contemporánea.

Este conxunto de carteis é propiedade da entidade organizadora da Queimada Popular de Cervo, a Asociación Cultural Airiños do Xunco. A festa, iniciada en 1978, continúa a se celebrar ata hoxe. A colección de carteis de Xosé Vizoso comeza en 1994. Neste artigo, Francisco Piñeiro explica a propia historia e organización do evento.






1994
1996
1997
1998
1999
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2022
2023
2024
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Vizoso, Xosé