web 'Palabras desconxeladas' de Henrique Harguindey
O profesor e tradutor Henrique Harguindey Banet (1946-2024) foi unha das figuras máis destacadas da tradución en lingua galega. O seu compromiso coa cultura levouno a publicar no seu web palabrasdesconxeladas.gal en libre acceso numerosas obras clásicas da literatura francesa e textos medievais moi vinculados a Galicia. Antes do seu pasamento, Harguindey solicitou do Consello da Cultura Galega a custodia e nova difusión do seu traballo dixital para que o seu esforzo filantrópico de tradución da cultura francesa ao galego puidera seguir dispoñible para o lectorado galego.Accede a copia arquivada