Nace Evaristo Correa Calderón no lugar de Pipín d’A Pena (Neira de Rei) o 11 de febreiro de 1899, no seo dunha familia fidalga labrega, xa dedicada a unha máis cómoda actividade emanada do exercicio profesional liberal paterno. O seu pai, un destacado galeno decimonónico —o primeiro que, en Lugo, abriu gabinete tocoxinecolóxico—, era por entón un coñecido rexionalista, creador literario, xornalista, historiador e médico, autor de numerosos textos de diverso xorne, membro das academias médicas española e catalá e xestor do balneario de Guitiriz.
Despois de pasar a nenez polas terras do núcleo de Baralla, onde cos seus amigos Paulino Pardo de Neyra e Casiano Díaz Moreno fundou en 1917 a Irmandade Galega de Baralla, trasládase a Lugo, onde cursa os estudos de ensino medio. En ambas as localidades destacou, entre 1912-1917, como fundador e organizador de variadas empresas xornalísticas (El Eco, El Chiste Semanal, De todo un poco, El Intrépido, El Repórter Infantil de Lugo, El Foot-Ball, El Esport, El Ideal ou Juvenilia). Foi en 1917 cando, en Lugo, acompañando a Antón Villar Ponte, Carballal, Novo, Lugrís e Banet, Correa aparece como un dos máis claros novos valores dun rexionalismo que tocaba fondo. Destacado xa na prensa lucense como director dunha «Páxina Nazonalista» aparecida nas páxinas de La Idea Moderna, Correa participa tanto na fundación da Irmandade da Fala de Lugo como na organización da Primeira Asemblea Nacionalista da historia da Galiza, que tivo lugar en novembro de 1917 no Lugo-Salón, un célebre cinema situado na rúa Aguirre da cidade dos muros romanos.
Nese 1917, Correa aséntase en Madrid co gallo de realizar os seus estudos universitarios. E malia que non conseguirá superalos (será en 1927 cando, valéndose unicamente de dous cursos académicos, se licencie en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela), vincularase a case todas as empresas máis iconoclastas do Gran Madrid das vangardas: ora asistindo aos faladoiros do Café de Pombo, aos do Café Colonial e aos do Salón de Té La Granja del Henar, o Gran Café de Atocha ou o Café del Prado; ora introducindo a súa sinatura en importantes medios xornalísticos como El Turbión, La Esfera, Renovación Española, La Ilustración Española y Americana, El Sol, Los Quijotes, Nueva España ou España. Desde Madrid, entre 1917 e 1921, Correa deseña o primeiro poemario da vangarda galega, «Poemas sinxelos», aparecido nas páxinas d’A Nosa Terra, o voceiro do nacionalismo galego de preguerra. Nesa mesma época, entre 1918 e 1921, o neirés preséntase como o primeiro tradutor de textos foráneos (Khaiam, Darío, Pascoli, Maragall, Cansinos Asséns, Jammes, Wilde e Verlaine) para a lingua galega.
Tras a publicación, en 1922, da colección de relatos Luar (Contos galaicos) , en 1924 decide constituír Lugo como porto do vangardismo da Galiza, fundando para iso a revista de arte Ronsel, onde se deron cita as sinaturas máis destacadas da intelectualidade galega, española e mesmo europea do momento. En 1925, a través do seu «Manifesto a nova generazón galega», que viu a luz no medio El Pueblo Gallego (do que por entón era redactor-xefe), tentou aglutinar a intelligentsia da Galiza co fin de conformar un grupo, a ‘xeración da vangarda’, polo que explicar unha nación claramente diferencial, aberta e dinámica, involucrada cos parámetros máis renovadores do momento e conscientemente orientada cara ao espazo da lusofonía. Xa antes dese ano, Correa aparecera vinculado ao grupo de vangarda portuguesa (o que Tríptico, Seara Nova, Descobrimento e Civilização), agasallando a cultura galega coa noveliña Conceición Singela d’o Ceo, editada nese ano en Compostela pola simbólica Libredón.
En 1928 dá ao prelo o poemario Ontes, onde continuará a esculcar na dimensión neopopularista dunha Galiza novamente vangardista, algo que xa iniciara en 1919 con «Arte popular. Para acompañamento de gaita, o lonxe», texto co que daba inicio ao neopopularismo galego. E tras o seu paso polos distritos docentes de Toulouse (onde colaboraría con Transit, o que o ía levar a asinar o Segundo Manifesto Surrealista parisiense) e Bucarest, logo de se situar co proxecto de La Gaceta Literaria (onde construíu un interese centrado na consolidación compiladora da actividade lírica da Galiza do momento), ao seu regreso a Lugo funda, co seu irmán Antonio, o xornal Vanguardia Gallega, o medio máis interesante e completo da Galiza de preguerra, desde o que se apostaba pola consecución dunha realidade independente propiamente en chave de galeguismo republicano.
Porén, guiado polos consellos de seus amigos Montes e Filgueira Valverde, en xullo de 1936 afíliase a Falange Española e comeza así un periplo altamente reaccionario que o levará, no académico-profesional, a se situar como catedrático de Lingua e Literatura Españolas (1944); no persoal, a se integrar na aristocracia española (cando, nese ano, case coa marquesa de Castellanos e Trives) e, no ideolóxico, a destacar como un dos principais turiferarios do caudillismo fascista máis brillante. A través das súas colaboracións en Escorial e Laureados de España, Correa Calderón aparecerá como unha das sinaturas máis implicadas co réxime fascista do xeneral Franco.
Non vai ser até 1985 cando, de novo, esta vez por consello de Díaz Pardo e Piñeiro, Correa regrese ao cultivo das letras galegas. Será coa organización dun número extraordinario de Ronsel polo que se celebraba o 50º aniversario da experiencia lucense e coa súa posterior tradución ao galego da súa novela De aquí a la primavera. Novela de la montaña gallega cando o marqués neirés decida volver implicarse coa cultura da Galiza. Mais a morte, que se lle presentou de maneira inesperada durante o seu período estival de 1986 no palacio dos marqueses de Trives en terras de Ourense, truncou a nova actividade dun por entón grandemente crítico co éxito electoral do socialismo español de 1982. Foi soterrado no panteón dos referidos marqueses na localidade trivesa.

Compartir:

A produción galega de Evaristo Correa Calderón.

CATÁLOGO CRONOLÓXICO

Escrita de Correa Calderón antes de 1936

Colaboracións xornalísticas

Escrita de Correa Calderón nos medios galegos

La Idea Moderna (Lugo)

- “A gaitina melancónica”, n.º7643, (22-05-1916).
- “D’a terra. N’as aas d’unha anduriña”, n.º 7771, (24-10-1916).
- “Unha chamada. Xuventude, érguete. Xa chegou o día”, n.º 8126, (20-12-1917).
- “Nazonalismo galaico. Os nosos”, n.º 8128, (22-12-1917).
- “Glosas ó Nazonalismo Galaico. O mestre Cambo”, n.º 8131, (27-12-1917).
- “E perciso que a nosa cibdá ...” (entr.), n.º 8146, (15-01-1918).
- “Nota bibliográfica” (n.º 40-41 de A Nosa Terra), n.º 8147, (16-01-1918).
- “Sô constituindo unha “Irmandade” ...” (entr.), n.º 8148, (17-01-1918).
- “Oideo ben ...” (entr.), n.º 8155, (25-01-1918).
- “Páxina nazonalista”, n.º 8166, (7-02-1918).
- “Páxina nazonalista”, n.º 8182, (26-02-1918).
- “O home dos cadeliños”, n.º 8279, (27-06-1918).

A Nosa Terra (A Coruña)

- “Os lobos (conto)”, n.º 21, (10-06-1917), p. 6-7.
- “Poemas sinxelos”, n.º 35, (30-10-1917), p. 4.
- “Nazonalismo galaico. Os nosos”, n.º 35, (30-12-1917), p. 4.
- “Poemas sinxelos”, n.º 43, (20-01-1918), p. 5.
- “Os poemas da Esaltazón. A carne”, n.º 46, (20-02-1918), p. 3.
- “Poemas sinxelos”, n.º 51, (16-04-1918), p. 4.
- “Berros de loita. A miña afirmación de fé nazonalista”, n.º 65, (30-08-1918), p. 3.
- “Berros de loita. Xustificazón”, n.º 67-68, (30-09-1918), p. 6.
- “Epinicio e responso”, n.º 71, (5-11-1918), p. 6.
- “Gaita Galaica” de Rubén Darío (trad.), n.º 73-74, (5-12-1918), p. 7.
- “Os raros i’os novos. Páxinas extranxeiras”, n.º 76, (25-12-1918), p. 5.
- “Verbas acesas”, n.º 83, 15-03-1919: 5.
- “Berros de loita. Hai que sere violento”, n.º 93, (5-07-1919), p. 4-5.
- “Berros de loita. Galiza”, n.º 94, (15-07-1919), p. 3.
- “De Correa Calderón. Divagaciós sobre a modernidade do galego”, n.º 100, (15-09-1919), p. 4-5.
- “Os poetas mais novos de Portugal. Versos inéditos enviados ‘A Nosa Terra’”, n.º 101, (25-09-1919), p. 3.
- “Os meirandes Artistas galegos parolan con Correa-Calderón. JUAN LUIS”, n.º 109, (15-01-1920), p. 7.
- “Arte popular. Pra acompañamento de gaita, o lonxe”, n.º 109, (15-01-1920), 12.
- “Poemas sinxelos”, n.º 216, (20-08-1918), p. 1-2.
- “Poemas sinxelos”, n.º 218, (5-09-1920), p. 7.
- “Poemas sinxelos”, n.º 128, (25-09-1920), p. 4.
- “ Divagaciós sobor do sentimento nazonalista. Conferencia de Correa-Calderón, lída na Irmandade da Cruña o 29 de Outono de 1920”, n.º 130-131,( 5-11-1920), p. 1-4.
- “Dos irmáns no extranxeiro. Lembranza de Lois Porteiro, o noso morto”, n.º 130-131, (5-11-1920), p. 10.
- “Poemas sinxelos”, n.º 133, (1-02-1921), p. 8.
- “Canto a Galizia” de R. Cansinos Assens (trad. de Correa Calderón), n.º 133, (1-02-1921), p. 6.
- “Cántiga nova. Ao modo do pobo”, n.º 136, (15-03-1921), p. 7.
- “Margarida, a da sorrisa d’aurora”, n.º 243, (1-12-1927), p. 11-12.
- “Margarida, a da sorrisa d’aurora”, n.º 244, 1(-01-1928), p. 10-12.

Rexurdimento (Betanzos)

- “Cantiga Nova”, 2ª época (“Orgao da I.N.G.”), (xaneiro de 1923).

Ronsel (Lugo)

- N.º 1, (maio de 1924).
- “Vilhancico ao nascimento do neno”, p. 12.
- N.º 2, (xuño de 1924)
- “‘Cancioneiro da Saudade’ por Carlos Martíns. Lisboa”, secc. “Crisol” (asinado como “***”), p. 19.
- N.º 5, (setembro de 1924).
- Introducción en “Johan Viqueira, noso grande morto” (sen asinar), p. 14-15.
- N.º 6, (outono-novembro de 1924).
- “‘Mariña Andrade’, por Xavier Pardo.-Santiago”, en “Libros”, secc. “Crisol” (asinado como “C.C.”), p. 22.

El Compostelano (Santiago de Compostela)

- “Ao modo do pobo”, (27-12-1926).
- “Cantiga Nova”, (12-02-1929).
- “Paisaje da Manhan”, (17-10-1929).

Nós (Ourense)

- “Cibdade galega en 1840”, n.º 41, (15-05-1927).
- “Os fidalgos de Neira de Rei”, n.º 44, (15-08-1927).
- “Peisaje”, n.º 77, (15-05-1930).

El Pueblo Gallego (Vigo)

- “Manifesto a a Nova Generazón Galega”, (25-07-1925).
- “Porto”, (21-07-1927).
- F. Jammes, “Sei que es probe ...” (trad. de Correa), (2-08-1928).

O gaiteiro de Lugo (Lugo)

- “Prego da mai que ten o fillo n-a guerra o Noso Señor Sant-Iago”, n.º de 1932.

Escrita de Correa Calderón nos medios portugueses

Tríptico (Coímbra)

- “Cantiga Nova”, en “Poemas galegos”, n.º 6, (15-01-1925), p. 3.

Descobrimento (Lisboa)

- “Conceición singela do Ceo. Primeira parte da novela VIDA E MORTE DE AUREOLO FERNANDEZ por Ev. Correa Calderón”, n.º 2, (verán 1931), p. 171-207.

Civilizaçâo (Lisboa)

- “A perdida”, (1933).


Escrita de Correa Calderón nos medios españois

La Gaceta Literaria (Madrid)

- “Arela do Neno Doente”, n.º 1, (1-01-1927), p. 3.
- “Prego da Mae que tén o filho no Alén ao Noso Senhor Sant Yago”, en “Poesías gallegas”, n.º 13, (1-07-1927), p. 6.


Escrita de Correa Calderón nos medios arxentinos

Céltiga (Buenos Aires)

- “Romaxe”, n.º 10, (15-02-1925).

Libros

- Luar (contos galaicos), Ferrol, Céltiga, 1922.
- Conceición Singela d’o Ceo. Novela inédita, Santiago de Compostela, Libredón, 1925.
- Margarida a da sorrisa d’aurora, A Coruña, Nós, 1927.
- Ontes. Poemas, Lugo, Ronsel, 1928.


Outros textos

- “Qué belido cadro podería compór outro Esquivel ...”, Prosas orixinais (1927), logo repr. en castelán en Índice de utopías gallegas (p. 207-208), recolleito por F. FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Historia de la literatura gallega, Vigo, Galaxia, 1951, p. 83.


14. 1. 2. Escrita de Correa Calderón despois de 1936

14. 1. 2. 1. Colaboracións xornalísticas

Escrita de Correa Calderón nos medios galegos

La Noche (Santiago de Compostela)

- “A Perdida”, (4-04-1946).
- “Romaxe”, (10-09-1946).

O gaiteiro de Lugo (Lugo)

- “Vilancico”, O gaiteiro de Lugo, Lugo, n.º de 1973.

Outras colaboracións

- “¡¡Festas en Trives!!”, Festas de Trives, O Barco de Valdeorras, Comisión de Festas, 1967.
- “Eu non conocín a Fole ...” (8-10-1985), en X. XIZ (dir.), Os escritores lucenses arredor de Fole, Lugo, Concello de Lugo, 1986, p. 43.

Inéditos

- “A Virxe dos Ollos Grandes foi ó río ...”, s.d. (circa 1958).
- D’eiquí á primaveira. Novela da montaña galega, caps. I e II (1986).
- “MUIÑEIRA en la que se burlaba de sí mismo” (‘muiñeira do Serafín de Castrolanzán’), para a tradución galega de De aquí a la primavera. Novela de la montaña gallega (1986).
- Pequenos poemas en prosa (compilación dos “Poemas sinxelos”) (1986).

CATÁLOGO TEMÁTICO

Poesía

- “A gaitina melancónica”.
- “O home dos cadeliños”.
- “Poemas sinxelos”, repr. “O home dos cadeliños”, “Ô camin que se perde na montaña”, “A lus lonxícua”, “O cantar do grilo” e “A tristura do enfermo no outono” (os catro últimos aparecidos na “Páxina nazonalista” de La Idea Moderna de Lugo).
- “Os poemas da Esaltazón. A carne”.
- “Epinicio e responso”.
- “Arte popular. Pra acompañamento de gaita, o lonxe”.
- “Lembranza de Lois Porteiro, o noso morto”.
- “Cántiga nova. Ao modo do pobo”.
- “Vilhancico ao nascimento do neno”.
- “Peisaje da Manhan”.
- “Porto”.
- “Prego da Mae que tén o filho no Alén ao Noso Senhor Sant Yago”.
- “Arela do Neno Doente”.
- Ontes. Poemas, repr. os poemas “Vilhancico ao nascimento do neno”, “Prego da Mae que tén o filho no Alén ao Noso Senhor Sant Yago” e “Arela do Neno Doente”.
- “A Virxe dos Ollos Grandes foi ó río ...”.
- “¡¡Festas en Trives!!”.
- “Muiñeira en la que. se burlaba de sí mismo”.
- Pequenos poemas en prosa, repr. dos “Poemas sinxelos”.

Narrativa

- “Os lobos (conto)”.
- “Margarida a da sorrisa d’aurora”, logo editado.
- “Cibdade galega en 1840”.
- “Os fidalgos de Neira de Rei”.
- “Qué belido cadro podería compór outro Esquivel ...”.
- Conceición Singela d’o Ceo.
- Luar (contos galaicos), libro do que reproduciu “A Perdida” e “Romaxe”.
- D’eiquí á primaveira. Novela da montaña galega, inacabada.

Tradución

- R. Darío: “Gaita Galaica”.
- O. Wilde: “Narciso”, O. Khayyam: “O millor”, P. Verlaine: “Parrafeo sentimental”, G. Pascoli: “O pasado”, R. Tagore: “A frol da champaca” e J. Maragall: “Unha vos” en “Os raros i-os novos. Páxinas extranxeiras”.
- R. Cansinos Assens: “Canto a Galizia”.
- F. Jammes: “Se que es probe ...”.

Outros xéneros

Escritos sobre a lingua

- “Os raros i-os novos. Páxinas extranxeiras”.
- “De Correa Calderón. Divagaciós sobre a modernidade do galego”.
- “Manifesto a a nova generazón galega”.

14. 2. 4. 2. Escritos bibliográficos

- “Nota bibliográfica” (A Nosa Terra).
- “Páxina nazonalista”, I.
- “Páxina nazonalista”, II.
- “‘Cancioneiro da Saudade’ por Carlos Martíns. Lisboa”.
- Introducción en “Johan Viqueira, noso grande morto”.
- “‘Mariña Andrade’, por Xavier Pardo.-Santiago”.

Escritos sobre arte

- “Os meirandes Artistas galegos parolan con Correa-Calderón. JUAN LUIS”.

Escritos políticos

- “D’a terra. N’as aas d’unha anduriña”.
- “Unha chamada. Xuventude, érguete”.
- “Nazonalismo galaico. Os nosos”.
- “Glosas o nazonalismo galaico. O mestre Cambo”.
- “E perciso que a nosa cibdá ...”.
- “Sô constituindo unha “Irmandade” ...”.
- “Oideo ben ...”.
- “Nazonalismo galaico. Os nosos”.
- “Berros de loita. A miña afirmación de fé nazonalista”.
- “Berros de loita. Xustificazón”.
- “Verbas acesas”.
- “Berros de loita. Hai que sere violento”.
- “Berros de loita. Galiza”.
- “Os poetas mais novos de Portugal. Versos inéditos enviados”.
- “Divagaciós sobor do sentimento nazonalista. Conferencia de Correa-Calderón”.

Catálogo cronolóxico-xenérico por Xulio Pardo de Neyra.