Ramón Villares, Víctor Freixanes, María Luisa Sobrino, José Luis Meilán Gil, Pilar Cagiao… ata 15 personalidades falan, explican e analizan o Consello da Cultura Galega no seu contexto. Son vídeos gravados por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.
Damián Villalaín (Vigo, 1958) explica nesta entrevista o funcionamento dunha comisión técnica para a realización dun prxoecto concreto. Neste caso, fala da comisión creada a finais dos noventa e que foi o xérmolo da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
Maria Sobrino foi membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e coordinadora da Sección de Creación e Artes Visuais. Nesta entrevista explica a actividade desta sección, que arrincou cun informe moi crítico sobre o Centro Galega de Arte Contemporáneo ao pouco da súa creación. Ademais, da conta do seu funcionamento e doutras propostas para a arte e a rede como é Atalaia.
Son vídeos gravados por Toño Chouza, con música de Benxamín Otero e coa edición de Lorena Riveiro e Cristina Mouriño para o documental "30 anos do Consello da Cultura Galega" que agora se ofrecen de xeito independente. A través deles pódese trazar a historia da institución, coñecer o seu funcionamento interno e algúns dos seus fitos máis destacados.
Foi membro do Arquivo da Emigración Galega (AEG) en diferentes e etapas e tamén do Plenario do Consello da Cultura Galega. Nesta entrevista lembra a orixe deste centro destinado a estudar o fenómeno dos movimentos migratorios do país. Fai un repaso polos seus fondos, funcións e a historia dun centro que arrincou coa exposición "Galicia-América".
Rosario Álvarez é a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega e integra o pleno como representante do Instituto da Lingua Galega. Nesta entrevista explica como se organiza da institución, o seu funcionamento ordinario así como a presenza da muller nos órganos de decisión.
Álbum da Ciencia, comics de divulgación científica, Publicacións especializadas como A natureza ameazada… son só alguns dos exemplos de actividades desenvolvidas polo Consello da Cultura que amosan unha concepción ampla da cultura. Francisco Díaz-Fierros, alén de vicepresidente é tamén o único membro do plenario que permanece desde a creación do Consello da Cultura Galega. Nesta entrevista dá conta da relevancia que o feito científico tivo nas áreas de traballo do CCG desde a súa creación.
É o presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006 e nesta entrevista explica cal ha de ser o papel da institución na cultura galega. Para Villares, o CCG non ha de ser unha institución de mobilización, senón que ha de actuar na modernización da xestión da cultura galega e adaptala aos novos tempos. Acción exterior, presenza na rede, independencia e a relación co poder político son algúns dos asuntos que aborda.
É unha das máximas autoridades para falar da comunicación en Galicia. É catedrático de xornalismo e coordinador do grupo de investigación Novos Medios, que estuda as mudanzas no xornalismo, os procesos de cambio no ámbito da comunicación e a cultura e a Historia da Comunicación no noso país. Nesta entrevista aborda cales han de ser os desafíos da cultura galega e do Consello da Cultura no que ten que ver coa Internet.
Responsable da editorial Galaxia, escritor e intelectual comprometido coa lingua e a cultura de Galicia, Víctor Freixanes foi o membro máis novo en acceder ao Consello da Cultura Galega no momento da súa creación. Recoñece ter dubidado á hora de integrar a institución, decisión que tomou poque "unha cultura precisa de institucións sólidas, maduras e representativas". Nesta entrevista traza etapas dentro da traxectoria da institución e analiza cal ha de ser o seu papel.
Ramón Máiz é un coñecido politólogo que centra as súas investigación no ámbito da Teoría Política Contemporánea, a Historia do pensamento político así como os nacionalismos e federalismos comparados. Desde o ano 2007 coordina Os sentidos das culturas, un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente nos que se abordan cuestión como as nocións e prácticas da Cultura en ámbitos tan diversos como a Filosofía, a Antropoloxía, a Arte, a xestión cultural, ou os estudos culturais.
A traxectoria investigadora de Henrique Monteagudo está moi vencellada á sociolingüística, a coñecer os comportamentos dos falantes. Nesta entrevista explica o funcionamento e relevancia do Centro de Documentación Sociolíngüística de Galicia (CDSG) desde a súa creación.
Vázquez-Monxardín é un historiador, investigador e catedrático de lingua e literatura galega que estivo moi vencellado ao Arquivo Sonoro de Galicia desde a súa creación. Nesta entrevista lembra a xénese e a relevancia da conservación do patrimonio oral nun momento no que empezaban a agromar en Europa iniciativas desta natureza. Os fondos, as xoias deste centro son outros dos asuntos que aborda.
Xerardo Fernández Albor foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia. Baixo o seu goberno aprobouse a Lei do Consello da Cultura Galega (CCG). Nesta entrevista fala sobre a cultura nos inicios da autonomía, nomeadamente a lei da galeguidade, a de normalización lingüística e a do CCG que o propio Albor chama "berce da recuperación do galeguismo que soñábamos todos coa xente da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos".
Xulio Ríos é director do Igadi e do Observatorio da Política China, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega desde 2016 e unha das máximas autoridades para falar de política exterior en Galicia. Nesta entrevista sintentiza en clave cultural cal é e debe ser a liña de acción exterior.
Director e pianista compostelán que integra o plenario do Consello da Cultura e é vogal da Comisión Executiva desde o ano 2014. Nesta entrevista, Maximino Zumalave fala da Sección de Música e Artes Escénicas, da súa composición, dos seus fitos (recuperación de figuras históricas ou informes como o que deu lugar á ESAD) así como dos seus retos.
Xurista e político galego que xogou un papel relevante na condición estatutaria do Consello da Cultura Galega. Nesta entrevista lembra os inicios da institución no contexto da construción autonómica, onde a cultura xogou un papel decisivo.