A Deputación Provincial de Pontevedra anuncia a convocatoria de dúas prazas de perfil lingüístico incluídas na OEP de 2026. Son as seguintes:
-Praza de técnico/a medio/a de tradución (subgrupo A2, reservada a persoas con discapacidade).
-Praza de tradutor/a en lingua galega (subgrupo A2).
No primeiro caso (técnico/a medio de tradución), as persoas aspirantes deben estar en posesión do título de grao / licenciatura ou ter finalizados os tres primeiros cursos da licenciatura en filoloxía, en tradución, interpretación e linguas aplicadas ou equivalentes. A maiores, deberán acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
No segundo (tradutor/a en lingua galega), deben estar en posesión do título de licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega e Española, en Lingua e Literatura Galegas, tradución con especialidade en galego ou equivalentes.
En ambos os dous casos, o sistema de selección será a oposición libre, e o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.
No BOP do 8 de xuño de 2026 podes consultar a convocatoria e mais as bases específicas destes procesos selectivos.

