Novas da lingua

Rexistros5161 a 5190 de 5273
01/06/2004. AXUDAS E PREMIOS

Premios Dorna de Informática

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca os Premios Dorna de Informática, que teñen como obxectivo promover o uso do galego no eido das novas tecnoloxías.

O premio será de 1 000 euros para cada un dos gañadores das dúas categorías nas que se divide o certame, sitios web e aplicacións informáticas, ademais de 4 accésits de 400 euros. O prazo para a presentación dos proxectos é ata o 10 de outubro de 2004.
01/06/2004. DINAMIZACIóN

Plan de Política Lingüística da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo crea un novo sitio web para poñer á disposición da comunidade universitaria toda a información referente ao proceso de elaboración do Plan de Política Lingüística que esta universidade está a confeccionar.
(Máis información)
01/06/2004. INVESTIGACIóN

Datos comparativos do coñecemento de linguas propias no Estado español

O Instituto Nacional de Estadística (INE) elaborou, a partir dos datos obtidos nos Censos de poboación e vivendas 2001, o documento España al comienzo del siglo XXI,
onde se achegan, entre outros, datos da competencia lingüística na lingua propia en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, País Vasco, Comunidade Foral de Navarra e Galicia.

Se desexa consultar estes datos, prema aquí.
31/05/2004. CURSOS E CONGRESOS

III Simposio Internacional Mercator

Mercator-Educación presenta a terceira edición do Simposio Internacional Mercator, que nesta edición centrarase no tema: Diversidade lingüística e educación: desafíos e oportunidades.

O simposio desenvolverase os días 26 e 27 de novembro de 2004 en Ljouwert/Leeuwarden (Frisia, Holanda). O prazo para enviar comunicacións é ata o 1 de xullo e progresivamente o Centro Mercator-Educación irá achegando máis información no seu web.
27/05/2004. DINAMIZACIóN

O Corpo Nacional de Policía reafirma o seu compromiso co galego

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística presenta a segunda fase dunha campaña que comezou o pasado xaneiro, coa edición do volume Contos da policía, e que ten como obxectivo normalizar o uso do idioma galego no ámbito policial.

Nesta segunda fase farase pública unha declaración a prol da lingua galega asinada por cinco sindicatos policiais e presentarase a edición dun manual con formularios da policía científica en galego.
25/05/2004. INVESTIGACIóN

Novos datos de coñecemento e uso do idioma galego

O Instituto Galego de Estatística achega no seu web os datos da Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2003, que nesta ocasión se centrou na análise do uso e coñecemento do idioma galego nos diferentes ámbitos sociais.

Se desexa coñecer estes datos, prema aquí.
14/05/2004. INVESTIGACIóN

Publicacións do Consello da Cultura Galega para homenaxear a Xaquín Lorenzo

O CCG homenaxea a figura de Xaquín Lorenzo Fernández, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, coa publicación de tres obras que xiran arredor da vida e obra do etnógrafo galego.
(Máis información)
14/05/2004. AXUDAS E PREMIOS

Resólvese a concesión de axudas a entidades sen fin de lucro

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG do 14 de maio de 2004 a resolución do concurso público de subvencións a asociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.
13/05/2004. DINAMIZACIóN

Lingua Viva 39

Sae á luz un novo número de Lingua Viva, boletín de normalización lingüística do Concello de Vigo, con información xeral sobre a planificación e normalización do galego e datos concretos sobre as actividades de dinamización lingüística que se están a desenvolver neste concello.
(Máis información)
07/05/2004. INVESTIGACIóN

Porcentaxe de uso do galego nos medios de comunicación

O Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega publica o Catálogo de medios impresos e electrónicos de Galicia, que achega a listaxe de publicacións periódicas e cibermedios galegos vixentes na actualidade.

Ademais doutros datos editoriais como temática, tiraxe, periodicidade ou distribución, ofrécense tamén os datos porcentuais de usos lingüísticos de cada publicación.

Se desexa consultar este catálogo en formato PDF, prema aquí.

06/05/2004. INVESTIGACIóN

Edítase o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa)

O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega editan a versión definitiva do VOLGa, obra de referencia para a elaboración do estándar do galego moderno.
(Máis información)

05/05/2004. DINAMIZACIóN

Novo número do Cartafol Dixital

Xa pode consultar en liña o número 14 do Cartafol Dixital, boletín mensual editado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
(Máis información)
03/05/2004. OUTRAS

O Día das Letras Galegas a debate no Consello da Cultura Galega

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega está a organizar unha nova tertulia que terá lugar o vindeiro 6 de maio, ás 17:00 h., e que versará nesta ocasión sobre o significado do Día das Letras Galegas.

Nesta tertulia, que será moderada por Miguel Anxo Fernán-Vello, intervirán como convidados Carlos Negro, Xosé Antón Pedreira e Pilar Sampedro.
03/05/2004. OUTRAS

Ceibe, o OpenOffice en galego

Xa pode descargar da rede a nova versión en galego do OpenOffice, un paquete de programas para Linux de libre distribución.

Se desexa baixar a versión 1.1.1. deste paquete de programas, chamado Ceibe, prema aquí.
03/05/2004. DINAMIZACIóN

Comeza o Correlingua 2004

Hoxe comeza na Coruña a primeira das carreiras pola lingua que terán lugar en diferentes puntos do país ata o vindeiro 14 de maio.

O Correlingua é unha actividade lúdico-educativa de promoción do idioma que organiza anualmente a Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino, a AS-PG e as coordinadoras de equipos de normalización lingüística dos centros de ensino.

Se desexa obter máis información, prema aquí.
27/04/2004. DINAMIZACIóN

Actos de conmemoración do Día das Letras Galegas na Escola Galega de Administración Pública

A Escola Galega de Administración Pública anuncia, no DOG do 26 de abril de 2004, os actos de conmemoración do Día das Letras Galegas, que consistirán na organización dunha viaxe cultural e unha mesa redonda sobre a vida e obra de Xaquín Lorenzo Fernández, autor homenaxeado.

A mesa redonda terá lugar o 11 de maio, de 13.00 h a 14.30 h, e a viaxe cultural desenvolverase o 17 de maio. Pode obter máis información no Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións, teléfono 981 546249.
21/04/2004. OUTRAS

Para unha modernización da documentación administrativa galega

O Seminario Permanente de Linguaxe Administrativa da Dirección Xeral de Política Lingüística vén de presentar o Manual básico de documentación administrativa, froito do proxecto de renovación que nestes últimos tempos se está a desenvolver nos cursos de linguaxe administrativa.

O manual, que quere contribuír á democratización da relación entre Administración e cidadanía, achega propostas concretas para a renovación e modernización da documentación administrativa galega e ofrece unha ampla selección de modelos comentados.
(Máis información)

07/04/2004. DINAMIZACIóN

En liña o núm. 13 do Cartafol Dixital

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita un novo número do seu boletín, voceiro en materia de normalización lingüística no ámbito universitario.
(Máis información)
06/04/2004. INVESTIGACIóN

Reedición de “A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego”

O Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega presenta hoxe, día 6 de abril ás 12 h., a reedición en formato CD dunha das obras fundamentais da dialectoloxía galega. Nesta obra, Francisco Fernández Rei e Carme Hermida Gulías, do Instituto da Lingua Galega, amósannos, en 3 horas de gravación sonora, a riqueza dialectal do noso idioma.
05/04/2004. CURSOS E CONGRESOS

XIV Xornadas de Lingua e Literatura

A Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e CIG-Ensino organizan unha nova edición das Xornadas de Lingua e Literatura, que se celebrarán os vindeiros días 23-25 de abril na Facultade de Ciencias da Educación, en Santiago de Compostela.

Todas as persoas interesadas teñen de prazo para formalizar a súa matrícula do 13 ao 22 de abril. Se desexa coñecer o programa das xornadas ou acceder ao formulario de matrícula en liña, prema aquí.
31/03/2004. CURSOS E CONGRESOS

Curso de redacción e deseño de traballos de investigación

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela organiza, dentro do seu programa de formación, un curso de lingua pensado especificamente para todos aqueles estudantes da USC que desexen perfeccionar os coñecementos lingüísticos e informáticos necesarios para elaborar os seus traballos de investigación en galego.
(Máis información)
26/03/2004. INVESTIGACIóN

Europa Diversa, unha comunidade virtual sobre linguas minorizadas

Europa Diversa é unha iniciativa promovida por diferentes institucións lingüísticas e culturais catalanas que ten como principal obxectivo converterse nun foro de debate e intercambio de información en liña sobre as linguas minorizadas, contribuíndo deste xeito á construción de Europa desde a diversidade.
(Máis información)
25/03/2004. EMPREGO

Prazas para profesores de lingua e literatura galegas no ensino secundario

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria convoca, no DOG do 25 de marzo de 2004, 30 prazas para profesores de lingua e literatura galegas no ensino secundario.

O proceso de selección será o de concurso-oposición e todas as persoas interesadas dispoñen para presentar as súas solicitudes dun prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Se desexa máis información sobre o temario e o proceso de selección, prema aquí.



25/03/2004. CURSOS E CONGRESOS

Curso de linguaxe administrativa-técnicas de redacción

A Escola Galega de Administración pública convoca un curso de linguaxe administrativa e técnicas de redacción para persoal de Administración local.

O curso, de 21 horas de duración, desenvolverase a finais de abril de 2004 nas aulas de formación da Deputación Provincial de Lugo. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 7 de abril.

Se desexa máis información, prema aquí.

23/03/2004. OUTRAS

Recoñecemento europeo para Ponte... nas ondas!

A Asemblea Xeral do EBLUL (Axencia Europea para as Linguas Menos Estendidas) aproba por unanimidade unha resolución na que se recoñece e felicita o labor da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!
(Máis información)
22/03/2004. EMPREGO

Bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 22 de marzo de 2004, a convocatoria de bolsas de colaboración nos diferentes proxectos de investigación que neste momento se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)
17/03/2004. AXUDAS E PREMIOS

Axudas á produción editorial en lingua galega

A Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo publica, no DOG do 17 de marzo de 2004, unha convocatoria de subvencións destinadas a fomentar a edición de obras en galego, a tradución ao galego e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.

Se desexa consultar esta convocatoria, prema aquí.
10/03/2004. DINAMIZACIóN

As linguas de Francia

Créase en Internet un novo portal para a difusión das linguas de Francia.
O web achega información cartográfica, lingüística e bibliográfica sobre todas as linguas contempladas no Informe Cerquiglini.

Se desexa coñecelo, prema aquí.
05/03/2004. DINAMIZACIóN

Novos recursos educativos para traballar contidos de lingua no ensino

A Coordenadora de Ensino Area Negra presenta no seu web a nova proposta didáctica Outro mundo é posíbel, existen outros camiños, que no apartado de normalización lingüística inclúe ligazóns a diferentes recursos didácticos para traballar no ensino os temas de sociolingüística.

Se desexa máis información sobre esta proposta didáctica, prema aquí.

04/03/2004. DINAMIZACIóN

Lingua Viva 38

Sae á luz un novo número de Lingua Viva, boletín de normalización lingüística do Concello de Vigo, con información xeral sobre a planificación e normalización do galego e datos concretos sobre as actividades de dinamización lingüística que se están a desenvolver neste concello.
(Máis información)