Novas da lingua

Rexistros5191 a 5220 de 5280
18/11/2003. EMPREGO

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Carballo

O Concello de Carballo anuncia a contratación laboral temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O proceso de selección será o de oposición libre.

Se desexa consultar o temario e as bases específicas desta convocatoria, prema aquí.
31/10/2003. INVESTIGACIóN

Miquel Siguan comenta a política lingüística en Galicia

A propósito da publicación O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas, do Consello da Cultura Galega, o coñecido investigador catalán publica en Saber Leer unha recensión sobre este estudio. Siguan louva a metodoloxía e rigor científico do mesmo e aproveita para ofrecernos algunhas valoracións sobre a política lingüística que se está a desenvolver en Galicia.
13/04/2003. AXUDAS E PREMIOS

II Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve

Convócase a II Edición do Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve, destinado a homenaxear a figura do galeguista Ramón Piñeiro e ó mesmo tempo contribuír á difusión do ensaio breve en lingua galega.
(Máis información)
15/04/2004. CURSOS E CONGRESOS

A lingua galega a debate na Pobra do Caramiñal

A asemblea comarcal de Galiza Nova do Barbanza organiza unha charla informativa sobre o proceso de normativización e normalización do galego. Nela intervirán Pilar García Negro e Manuel Portas, que reflexionarán, entre outros temas, sobre a actual normativa da concordia e a importancia do seu uso para o proceso de normalización do idioma.

O acto está aberto a todo o público interesado e terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril, ás 19.00 h, no salón de actos do ISM da Pobra do Caramiñal.
30/10/2003. LEXISLACIóN

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia maniféstase a prol do galego

O Consello da Avogacía Galega facilita no seu web o comunicado que o TSXG remitiu a todos os órganos xurisdiccionais e colexios de avogados de Galicia, no que se aconsella a xuíces, secretarios e funcionarios para que faciliten o uso do galego nas diferentes accións xudiciais e se lembra a plena validez e eficacia dos documentos redactados nesta lingua.
30/10/2003. DINAMIZACIóN

Cine de animación en galego

A distribuidora catalana Luk Internacional presentou os seus dous últimos proxectos de dobraxe en lingua galega: Doraemon e o tren do tempo e Shin Chan, que se distribuirán en vídeo e DVD.
(Máis información)
12/11/2003. EMPREGO

Bolsa para a realización de actividades de normalización lingüística no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra publica no BOP do 10 de novembro de 2003 as bases que rexerán o concurso para a adxudicación dunha bolsa que ten como obxecto a realización de tarefas de dinamización e asesoramento lingüístico.
(Máis información)
21/10/2003. EMPREGO

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Sada

O Concello de Sada anuncia a contratación laboral dun técnico/a de normalización lingüística. O proceso de selección farase a través dun concurso de méritos e todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o vindeiro 23 de outubro.
(Máis información)
20/10/2003. INVESTIGACIóN

Usos lingüísticos do profesorado na Universidade de Vigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo presenta os resultados dunha enquisa realizada nesta universidade para coñecer os usos e actitudes lingüísticas dos seus docentes.

Prema aquí se desexa coñecer estes datos.
17/10/2003. OUTRAS

Novo portal para a promoción das linguas minorizadas

O pasado 26 de setembro, aproveitando a celebración do Día Europeo das Linguas, presentouse en Barcelona Lingualia.net, un novo portal multilingüe que ten como obxectivo a promoción e difusión das linguas minorizadas en Internet.
(Máis información)
16/10/2003. INVESTIGACIóN

Diccionario multilingüe dos elementos da táboa periódica

Xa pode consultar en liña o diccionario multilingüe co nome dos elementos da táboa periódica en 68 linguas, entre as que se atopa o galego, ademais da correspondente explicación etimolóxica de cada termo.
14/10/2003. AXUDAS E PREMIOS

Resólvese a concesión de axudas ós concellos para actividades de normalización lingüística

A Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia facilita a resolución do concurso público de subvencións ós concellos de Galicia para a creación e mantemento de servicios de normalización lingüística ou a realización de actividades que fomenten o uso social da lingua galega.
13/10/2003. EMPREGO

O Concello de Ourense convoca unha praza de técnico de normalización lingüística

O Concello de Ourense publica no BOP do 2 de outubro de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público de 2003.
(Máis información)
01/10/2003. EMPREGO

Bolsa de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

O obxectivo é colaborar puntualmente no desenvolvemento das tarefas propias da Área de Normalización Lingüística.

O período de beneficio da bolsa será de 3 meses, cunha retribución de 500 euros mensuais.

Todas as persoas interesadas, e que cumpran os requisitos que se esixen na convocatoria, teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o 6 de outubro de 2003.
01/10/2003. OUTRAS

Novos servicios en Internet para o galego

A partir desta semana a comunidade virtual galegofalante conta con novos recursos tecnolóxicos que lle permitirán participar en Internet na súa propia lingua.
(Máis información)
25/09/2003. CURSOS E CONGRESOS

Simposio Variación e Prescrición

O Instituto da Lingua Galega e a Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega organizan o Simposio Variación e Prescrición, que se desenvolverá en Santiago de Compostela, en sesións discontinuas, entre o 13 de novembro e 2 de decembro.
(Máis información)
04/09/2003. EMPREGO

Prazas para licenciados en filoloxía galego-portuguesa

A Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública convoca, segundo o disposto no DOG
do 26 de agosto
, prazas de titulado/a superior lingüista para o grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.


O proceso de selección é de concurso oposición e o prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG.
02/09/2003. EMPREGO

Bolsas de colaboración en proxectos do Consello da Cultura Galega

Convócanse dez bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no CCG. Os/as licenciados/as en filoloxía galega poderán optar ás bolsas para traballar nos proxectos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e da Sección de Lingua.
(Máis información)
24/07/2003. INVESTIGACIóN

A psicolingüística, outra forma de abordar o estudio do galego

O Grupo de Investigación de Psicoloxía da Linguaxe da Univesidade de Santiago de Compostela está a desenvolver, baixo a dirección da profesora Isabel Fraga, diferentes proxectos de investigación arredor da lingua galega. Entre os seus froitos máis recentes atópase a memoria de licenciatura de Montserrat Comesaña, que avalía a incidencia do bilingüismo na aprendizaxe da lectura no ámbito da educación infantil.
(Máis información)
21/07/2003. AXUDAS E PREMIOS

I edición do premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve

Coa intención de homenaxear a figura do galeguista Ramón Piñeiro e ó mesmo tempo contribuír á difusión do ensaio breve en lingua galega, créase o premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve.
(Máis información)
18/07/2003. EMPREGO

Praza de normalizador lingüístico para o Concello de Melide

O Concello de Melide publica no DOG do 18 de xullo de 2003 o anuncio do proceso selectivo para cubrir a praza de normalizador lingüístico, incluída na oferta de emprego público de 2002..
(Máis información)
18/07/2003. EMPREGO

Adxudicadas as bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a resolución pola que se adxudican once bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
17/07/2003. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de formación en lingua galega e de linguaxe xurídica galega para o persoal da Administración de xustiza

A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local convoca, segundo orde publicada no DOG do 16 de xullo de 2003, cursos de formación en lingua galega (niveis de iniciación e perfeccionamento) e de linguaxe xurídica galega (niveis básico, medio e superior) para o persoal ó servicio da Administración de xustiza. Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o vindeiro 31 de xullo.
15/07/2003. EMPREGO

Ofertas laborais para traballar no ámbito da toponimia

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia anuncia a contratación temporal de persoal para traballar no Proxecto Toponimia de Galicia.
(Máis información)
15/07/2003. OUTRAS

A Real Academia Galega aproba a "normativa da concordia"

A RAG aprobou, o pasado sábado 12 de xullo, a reforma ortográfica do galego. A proposta foi elaborada por unha comisión de especialistas, entre os que se contan académicos, representantes das tres universidades galegas e membros do Instituto da Lingua Galega.
(Máis información)
11/07/2003. AXUDAS E PREMIOS

Resolución da convocatoria de axudas á producción audiovisual en lingua galega

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo fai pública, no DOG do 11 de xullo de 2003, a resolución da concesión de axudas para apoiar o desenvolvemento de proxectos de producción audiovisual, así como a producción audiovisual en lingua galega para o ano 2003.
04/07/2003. AXUDAS E PREMIOS

Resólvese a concesión de axudas a entidades sen fin de lucro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG de 4 de xullo de 2003 a resolución do concurso público de subvencións a sociacións e institucións privadas sen fin de lucro para fomentar o uso social da lingua galega.
28/07/2003. CURSOS E CONGRESOS

VII Encontros para a Normalización Lingüística

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia organiza unha nova edición dos “Encontros para a Normalización Lingüística”, que se celebrarán os vindeiros 23 e 24 de outubro en Santiago de Compostela.
(Máis información)
02/07/2003. OUTRAS

O eonaviego no camiño da estandarización

Publícase na rede unha nova gramática do eonaviego, elaborada polo profesor Xavier Frías Conde. A gramática pretende servir de achegamento ó galego falado en Asturias e ó mesmo tempo ofrecer unha proposta morfolóxica para a escrita da lingua.
(Máis información)
23/06/2003. EMPREGO

Bolsa de prácticas no traballo de recollida de toponimia do Concello de Fene

Convócase unha bolsa de prácticas nos traballos de campo e recollida de información no Concello de Fene para o Proxecto Toponimia de Galicia.
(Máis información)