Novas da lingua

Rexistros5221 a 5250 de 5363
26/03/2004. INVESTIGACIóN

Europa Diversa, unha comunidade virtual sobre linguas minorizadas

Europa Diversa é unha iniciativa promovida por diferentes institucións lingüísticas e culturais catalanas que ten como principal obxectivo converterse nun foro de debate e intercambio de información en liña sobre as linguas minorizadas, contribuíndo deste xeito á construción de Europa desde a diversidade.
(Máis información)
25/03/2004. EMPREGO

Prazas para profesores de lingua e literatura galegas no ensino secundario

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria convoca, no DOG do 25 de marzo de 2004, 30 prazas para profesores de lingua e literatura galegas no ensino secundario.

O proceso de selección será o de concurso-oposición e todas as persoas interesadas dispoñen para presentar as súas solicitudes dun prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Se desexa máis información sobre o temario e o proceso de selección, prema aquí.



25/03/2004. CURSOS E CONGRESOS

Curso de linguaxe administrativa-técnicas de redacción

A Escola Galega de Administración pública convoca un curso de linguaxe administrativa e técnicas de redacción para persoal de Administración local.

O curso, de 21 horas de duración, desenvolverase a finais de abril de 2004 nas aulas de formación da Deputación Provincial de Lugo. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 7 de abril.

Se desexa máis información, prema aquí.

23/03/2004. OUTRAS

Recoñecemento europeo para Ponte... nas ondas!

A Asemblea Xeral do EBLUL (Axencia Europea para as Linguas Menos Estendidas) aproba por unanimidade unha resolución na que se recoñece e felicita o labor da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!
(Máis información)
22/03/2004. EMPREGO

Bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 22 de marzo de 2004, a convocatoria de bolsas de colaboración nos diferentes proxectos de investigación que neste momento se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
(Máis información)
17/03/2004. AXUDAS E PREMIOS

Axudas á produción editorial en lingua galega

A Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo publica, no DOG do 17 de marzo de 2004, unha convocatoria de subvencións destinadas a fomentar a edición de obras en galego, a tradución ao galego e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.

Se desexa consultar esta convocatoria, prema aquí.
10/03/2004. DINAMIZACIóN

As linguas de Francia

Créase en Internet un novo portal para a difusión das linguas de Francia.
O web achega información cartográfica, lingüística e bibliográfica sobre todas as linguas contempladas no Informe Cerquiglini.

Se desexa coñecelo, prema aquí.
05/03/2004. DINAMIZACIóN

Novos recursos educativos para traballar contidos de lingua no ensino

A Coordenadora de Ensino Area Negra presenta no seu web a nova proposta didáctica Outro mundo é posíbel, existen outros camiños, que no apartado de normalización lingüística inclúe ligazóns a diferentes recursos didácticos para traballar no ensino os temas de sociolingüística.

Se desexa máis información sobre esta proposta didáctica, prema aquí.

04/03/2004. DINAMIZACIóN

Lingua Viva 38

Sae á luz un novo número de Lingua Viva, boletín de normalización lingüística do Concello de Vigo, con información xeral sobre a planificación e normalización do galego e datos concretos sobre as actividades de dinamización lingüística que se están a desenvolver neste concello.
(Máis información)
04/03/2004. AXUDAS E PREMIOS

Premios literarios e de tradución

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organiza, dentro do seu programa de actividades de dinamización lingüística, a convocatoria de premios de poesía, relato curto, tradución literaria e tradución especializada.

O prazo de entrega de orixinais remata o vindeiro 14 de abril de 2004. Se desexa consultar as bases desta convocatoria, prema aquí.
03/03/2004. CURSOS E CONGRESOS

VI Xornadas de Orientación e Titoría

A Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Confederación Intersindical Galega (CIG) organizan estas xornadas de formación do profesorado, que terán lugar os vindeiros días 5 e 6 de marzo de 2004 no IES Fontiñas, en Santiago de Compostela.
(Máis información)
03/03/2004. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de lingua e extensión cultural no exterior

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia, no DOG do 3 de marzo de 2004, a convocatoria de cursos de lingua e extensión cultural galega para centros galegos, asociacións de galegos residentes no exterior e grupos de persoas interesadas no idioma e cultura de Galicia.

Se desexa consultar a convocatoria, prema aquí.
02/03/2004. DINAMIZACIóN

Novo número do Cartafol Dixital

Xa pode consultar en liña o número 12 do Cartafol Dixital, boletín mensual editado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
(Máis información)
27/02/2004. EMPREGO

Bolsas de lingua, literatura e cultura galegas en universidades do Brasil

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 27 de febreiro de 2004, a convocatoria pública para a selección de profesorado bolseiro para a Universidade do Estado de Río de Janeiro e a Universidade Estadual do Ceará.

O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días naturais, contados a partir do seguinte á publicación desta orde.
27/02/2004. INVESTIGACIóN

Léxico panlatino do comercio electrónico

Xa está accesible en Internet, en formato PDF, este novo produto terminográfico que contén arredor de 300 entradas en cada unha das seguintes linguas: catalán, español, francés, galego, inglés, italiano, portugués e romanés.

A obra está coordinada por Realiter e da versión en lingua galega ocupouse o Servizo de Terminoloxía Galega (Termigal). Se desexa consultar este léxico, prema aquí.
24/02/2004. CURSOS E CONGRESOS

Cursos de verán de lingua e cultura galegas

A Universidade de Vigo oferta un curso de lingua e cultura galegas para estranxeiros, que se dispensará do 5 ao 30 de xullo de 2004. O curso conta con 40 horas lectivas, das que 2O se destinarán a contidos de lingua e as outras 20 a coñecementos culturais, ademais das diferentes actividades e saídas lúdico-festivas que se organizarán para os asistentes.

Obterá máis información premendo aquí.
23/02/2004. CURSOS E CONGRESOS

X Congreso Linguapax “Diversidade lingüística, sostemento e paz”


O Institut Linguapax organiza o seu décimo congreso, que nesta ocasión xirará arredor destes tres eixes temáticos: a diversidade lingüística, o equilibrio lingüístico e a paz. O congreso desenvolverase en Barcelona os vindeiros 20-23 de maio, no marco do Foro Universal das Culturas – Barcelona 2004.

Se desexa coñecer o programa provisional ou inscribirse, prema aquí.
23/02/2004. CURSOS E CONGRESOS

Congreso Internacional “As linguas e o futuro de Europa: ideoloxías, políticas e prácticas”

A Universidade de Southampton (Reino Unido) organiza, os días 8-10 de xullo de 2004, este congreso internacional, onde se reflexionará sobre as consecuencias lingüísticas das previsíbeis tensións e conflitos que desencadeará a adhesión de dez novos estados á Unión Europea.

Para máis información, prema aquí.
20/02/2004. AXUDAS E PREMIOS

Axudas para a edición de materiais didácticos en lingua galega

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria publica, no DOG do 20 de febreiro de 2004, a convocatoria de axudas a empresas editoriais para a creación, tradución e adaptación de materiais didácticos, para o ensino non universitario, impresos en lingua galega.

Se desexa consultar a convocatoria, prema aquí.
19/02/2004. DINAMIZACIóN

Galego en liña

Consulte este novo web, elaborado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e pensado para ofrecer asesoramento lingüístico a través de Internet.

Galego en liña achega información sobre ortografía, gramática, léxico e estilo da lingua galega, ao tempo que ofrece a posibilidade de realizar consultas lingüísticas por correo electrónico.
18/02/2004. EMPREGO

Selección de persoal docente para impartir un curso de linguaxe administrativa galega

O Concello de Santiago, dentro do seu Plan de Formación Continua, está a organizar a actividade formativa Linguaxe Administrativa Nivel Medio, dirixida ao persoal do propio concello con funcións técnicas e administrativas.

Para isto, precísanse expertos docentes nesta materia que estean interesados en impartir este curso.
(Máis información)

18/02/2004. CURSOS E CONGRESOS

Novos cursos de lingua galega na Universidade de Vigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo presenta a súa propia oferta de formación lingüística para o segundo cuadrimestre do curso académico 2003-2004. Trátase de 6 novos cursos de lingua galega destinados aos diferentes sectores da comunidade universitaria que se desenvolverán nas seguintes modalidades: presencial, non presencial ou bimodal.
12/02/2003. AXUDAS E PREMIOS

Axudas para os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino público

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino público, destinadas a aumentar o uso do galego e a formación lingüística no ámbito educativo.

Se desexa consultar a convocatoria, prema aquí.
16/04/2004. INVESTIGACIóN

A Real Academia Galega acolle os fondos hemerográficos de La Voz de Galicia

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre cédelle á Real Academia Galega, en virtude do convenio que ambas entidades veñen de asinar, os fondos dixitalizados do xornal La Voz de Galicia comprendidos entre o 4 de xaneiro de 1882 e o 31 de decembro de 2002. Tamén se inclúe nesta cesión os fondos do Museo de La Voz de Galicia, o único en España sobre a historia da prensa mundial.

Estes valiosos fondos quedarán a partir de agora á disposición dos investigadores e usuarios dos arquivos da RAG.
03/01/2004. CURSOS E CONGRESOS

II Simposio Internacional Mercator

O Centro Mercator Dret i Legislació Lingüístics organiza o simposio Europa 2004: un novo marco para todas as linguas?, onde se reflexionará sobre o papel das linguas minorazadas nese novo marco que derivará da aprobación da Constitución europea.

O simposio terá lugar os vindeiros 27 e 28 de febreiro na Universidade Rovira I Virgili (Tarragona). Se desexa consultar o programa definitivo ou acceder ao formulario de inscrición en liña, prema aquí.
02/02/2004. INVESTIGACIóN

Consulte o novo volume de Estudios de Sociolingüística en versión electrónica

O Seminario de Sociolingüística da Universidade de Vigo edita un novo volume desta revista, que compila nesta ocasión diferentes estudos sobre lingua e xénero.

Unha selección dos artigos incluídos neste volume, así como todos os resumos, están á súa disposición en versión electrónica. Se desexa consultalos, prema aquí.
30/01/2004. EMPREGO

Bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo convoca dúas bolsas, unha para o campus de Vigo e outra para o de Ourense, destinadas a colaborar no desenvolvemento das tarefas propias da Área de Normalización Lingüística.

Se desexa consultar as bases da convocatoria, prema aquí.

30/01/2004. DINAMIZACIóN

Galiclic: as novas tecnoloxías no eido do ensino

O Seminario Permanente Rato Novo, do colexio público de Arzúa, presentou o CD educativo Galiclic, que contén máis de 150 paquetes de actividades didácticas en galego para traballar en educación primaria e secundaria obrigatoria.

Esta iniciativa, destinada á introdución das novas tecnoloxías no ámbito educativo, é froito dunha liña de traballo que este seminario está a desenvolver en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Santiago e o colectivo Edugaliza.org.
30/01/2004. INVESTIGACIóN

O Bierzo, obxecto de estudo na revista Parolar

A revista Parolar, que se edita anualmente en Barcelona, dedícalle neste seu último número un artigo á realidade sociolingüística do Bierzo.

Se desexa consultalo, prema aquí.
19/01/2004. INVESTIGACIóN

Centro de investigación para o estudo do galego de Cáceres

A Asociación Fala i Cultura creará en San Martín de Trebello (Cáceres) un centro de documentación, estudo e investigación sobre a Fala, variedade lingüística galego-portuguesa que se fala no val de Xálima.

Domingo Frandes, presidente desta asociación, confía en que isto axude a dinamizar e dignificar a súa lingua así como a promover intercambios culturais con alumnos de secundaria e universitarios.

Se desexa obter máis información sobre a Fala do val de Xálima, prema aquí.