Novas da lingua

Rexistros5311 a 5327 de 5327
13/12/2002. DINAMIZACIóN

Premios Manuel Beiras

A terceira edición do Premio Manuel Beiras de normalización, que convoca o Concello de Santiago de Compostela, recoñece o labor a favor da difusión da lingua que realizan o xornal O Correo Galego e a empresa hostaleira Freire Chico, ademais do grupo Alcampo e da Fundación Galicia-Empresa.

(Máis información )
19/12/2002. CURSOS E CONGRESOS

Os Centros de Estudios Galegos analizan a súa actividade

A sede da Escola Galega de Administración Pública (Egap) acolleu o 20 e 21 de decembro a segunda edición do Encontro de Centros de Estudios Galegos, ó que asistiron investigadores de 42 universidades de fóra de Galicia nas que se imparte o noso idioma.
(Máis información)
07/02/2003. LEXISLACIóN

Os 41 300 nomes de Galicia

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de febreiro os nomes oficiais das entidades de poboación da provincia da Coruña, co que se conclúe o nomenclátor principal de Galicia.

(Máis información)


















13/12/2002. DINAMIZACIóN

Mil primaveras máis en Pontevedra

O Concello de Pontevedra e a Comisión Sarmiento organizaron o pasado 14 de decembro un acto no Outeiro de Santa Margarida, no que se leu o manifesto Mil primaveras co que se pretende insistir no compromiso de persoas e entidades co futuro do idioma.
(Máis información)
10/12/2002. CURSOS E CONGRESOS

Simposio de competencias lingüísticas

O Instituto de Lingüística da Academia de Ciencias de Rusia abre o prazo para presentar comunicacións neste primeiro encontro que terá lugar en Moscova do 23 ó 26 de outubro de 2003.
(Máis información)
04/12/2002. AXUDAS E PREMIOS

A publicidade en galego ten premio

O Consello Asesor da RTVE en Galicia presentou en Santiago de Compostela a décima edición dos Premios de Publicidade en galego 2002, que este ano galardoará os mellores anuncios da radio, da televisión e tamén de Internet realizados na nosa lingua.
(Máis información)
28/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

Analizan a promoción das linguas minoritarias da UE

O Buró Europeo para as Linguas Minoritarias (EBLUL) organizou coa Mesa pola Normalización Lingüística unhas xornadas de debate sobre a normalización no ámbito escolar das linguas menos estendidas da UE.
(Máis información)
25/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

A Fundación Enclave debate sobre o plano

A Fundación Enclave organizou en novembro dúas mesas redondas sobre a elaboración do plano de normalización lingüística, e a utilidade da lingua na crecente globalización dos mercados e da cultura.
(Máis información )
22/11/2002. DINAMIZACIóN

¿Xogas?

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presentou o 21 de novembro a nova edición da campaña ¿Xogas? En galego podemos, destinada a difundir o idioma nos momentos de ocio da xente máis nova.
(Máis información)
18/11/2002. DINAMIZACIóN

Presencia galega na Expolingua de Berlín

O 17 de novembro rematou a quinta edición de Expolingua en Berlín, que acolleu expositores de diversas comunidades españolas entre as que estaban Galicia, Cataluña ou as Illas Baleares.
(Máis información)
30/10/2002.

Concurso para a campaña Entre nós en galego

A Dirección Xeral de Política Lingüística convoca no DOG do 28 de outubro un concurso público para a subministración de material promocional da campaña Entre nós en galego.
(Máis información)
30/10/2002. AXUDAS E PREMIOS

Aprobadas as subvencións para servicios lingüísticos

A Dirección Xeral da Administración Local concedeu as subvencións
para a apertura ou mantemento de servicios lingüísticos que desenvolvan
tarefas de campañas de dinamización ou de asesoramento lingüístico
en concellos. Pode consultar a listaxe dos novos servicios.
(Máis información)
05/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

Simposio Léxico e estandarización en Galicia

O Instituto da Lingua Galega abordou durante o mes de novembro cuestións como os empréstitos ou a elaboración dun vocabulario científico en galego.
(Máis información)
13/11/2002. CURSOS E CONGRESOS

Volve Ciberlingua

A campaña de dinamización do idioma na Internet volve este curso ós centros educativos dos Concellos de Santiago, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Lugo. Coma na anterior edición, tanto os pais coma os profesores e os alumnos poderán coñecer as ferramentas dispoñibles para navegar pola rede en galego.
(Máis información)
31/10/2002. DINAMIZACIóN

Unha lingua para despois de nós

O SNL de Redondela pón en marcha unha campaña para apoiar o uso do galego nos trámites e xestións relacionadas coa morte. Mediante unha declaración de vontades, a persoa interesada manifesta o desexo de que, chegado o seu pasamento, tanto o seu funeral coma as esquelas ou a lápida estean en galego.
(Máis información)
11/10/2002. OUTRAS

Benvido/a ó sitio do CDSG

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia pretende contribuír á normalización da lingua galega, dedicándose á recuperación, conservación e difusión do patrimonio sociolingüístico galego e á compilación de información de interese sobre situacións lingüísticas semellantes.


Demandado desde diversos sectores vinculados á normalización lingüística, o CDSG xorde en 1996 como un proxecto da Sección de Lingua, integrada no Consello da Cultura Galega, e consolídase tempo despois coa constitución da correspondente Comisión Técnica.


O CDSG pretende ser o centro de referencia de persoas e entidades interesadas na planificación lingüística en Galicia, fornecer documentación especializada e garantir a preservación do fondo documental xerado ó redor da nosa lingua. Xa que logo, este Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística configúrase como un espacio aberto a investigadores, traballadores e outras persoas interesadas no estudio da cuestión sociolingüística galega.


Algunhas das seccións do noso sitio web están aínda sen rematar, polo que agardamos calquera suxerencia que nos axude a mellorar este servicio e a ofrecer información cada vez máis completa sobre o galego e outras linguas minorizadas.
18/11/2002. DINAMIZACIóN

Terceira edición de Entre nós en galego

A Consellería de Educación pón en marcha a campaña de promoción do idioma no ensino non universitario. Nesta edición, os alumnos de doce centros do Bierzo tamén poderán participar nos diferentes concursos.
(Máis información)