Pascual Veiga
Mondoñedo, 1842 - Madrid, 1906Autoría: Isabel Villoch
Nacionalismo musical galego
Veiga é coñecido na historia musical galega como o principal impulsor dos orfeóns populares. En 1865 dirixe o da sociedade ‘Fraternidad Juvenil’, e sucesivamente fundará e dirixirá os orfeóns Brigantino, Coruñés, El Eco e Coruñés nº 4. En Madrid dirixirá cando menos outros dous orfeóns: o Matritense e o do Centro Galego.
É autor de música relixiosa e de obras doutros xéneros, entre as que se inclúen, por exemplo: ‘Galegos’. ‘A nosa terra!’, ‘Os ártabros’, ‘A fiada’ e as ‘Rapsodias Galegas’, estas últimas instrumentais, coas que inicia en Galicia o xénero do poema sinfónico, que terá continuidade noutros músicos do século XX. Pero Veiga pasará a posterioridade sobre todo como autor da Alborada Galega e da música do Himno galego, sobre texto de Eduardo Pondal.
A ‘Alborada Gallega’ ou ‘Alborada de Veiga’ estreouse durante os Xogos Florais de Pontevedra de 1880 co título de ‘Estrela coruñesa’, nome da poesía de Francisco María de la Iglesia sobre a que fora composta a melodía. Interpretada polo Orfeón Brigantino, conseguiu o máximo galardón neste certame. Máis tarde, e xa co nome de ‘Alborada Gallega’, presentouse na Exposición Internacional de París de 1889, interpretada polo Orfeón Coruñés baixo a dirección do propio Pascual Veiga, obtendo o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro.
Desde o momento da súa composición ‘A Alborada’ foi considerada a máxima representación dos sentimentos galegos, pasando a ser unha das pezas musicais galegas máis populares, ben sexa na súa forma coral e cantada ou na súa execución unicamente instrumental, sendo interpretada en multitude de festas, romarías e actos públicos.
Nesta versión, escoitamos á Banda Municipal de Madrid, dirixida por Ricardo Villa, nunha gravación de 1928 depositada no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega. Esta banda, fundada en 1909, foi creada por Ricardo Villa e José Garay. Ambos acordaron a súa singular plantilla, que inclúe corda grave con violonchelos e contrabaixos, ademais da arpa e as familias completas de instrumentos (vento madeira, vento metal, percusión,...). Con este criterio, o conxunto sonoro, ademais de completo e equilibrado, ofrece grandes posibilidades expresivas e tímbricas.
Máis información:
http://academia.gal/
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
Como citar: Villoch, Isabel : Pascual Veiga. Publicado o 24/4/2018 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=22307. Recuperado o 22/01/2026

DOCUMENTACIÓN SOBRE
Poema «A strela coruñesa» de Francisco María de la Iglesia. Musicado por Pascual Veiga converteríase na letra da Alborada gallega. Ver Documento. Poema
Iglesia, Francisco María de la: «La Alborada Gallega», Boletín de información municipal, A Coruña, 91-96 (xaneiro de 1973), 84.
Fonte: Biblioteca Pública da CoruñaMiguel González Garcés/ Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia. https://biblioteca.galiciana.gal/
Ligazóns de interese
Cen anos de himno galego (1907-2007)
Documental conmemorativo no que se conta como se forxou o himno galego a través de entrevistas a varios especialistas
Fonte: CRTVG
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cen-anos-de-himno-galego-1907-2007-5236931?t=1273 [Consulta: 2023-04-20]
Videos
O himno
Fonte: Queiman e Pousa
https://www.youtube.com/watch?v=SwYdj8gHhN0 [Consulta: 2023-04-20]
No Bico un Cantar: «O Himno Galego»
Fonte: TVG
https://www.youtube.com/watch?v=58AObCXLPj0 [Consulta: 2023-04-20]
Alborada de Pascual Veiga, con letra de Francisco María de la Iglesia
Fonte: youtube.com
Audios
Nas ás do canto 04: Alborada galega
Nas ás do canto 05: Os pinos
Artigos Pascual Veiga
VEIGA, P. IGLESIA, F. (6/1946) Alborada Gallega | Alborada. 1ª (131), 13.

![Portada de <cite>Alborada gallega</cite>, con letra de Francisco María de la Iglesia e música de Pascual Veiga. Coruña: Almacén de música de Canuto Berea y Compañía, [entre 1890 e 1899]](../../mediateca/extras/CCG_adg_Francisco_de_la_Iglesia_014.jpg)