Salvador Cabeza de León
Betanzos (A Coruña), 4/ 2/1864 - Santiago de Compostela (A Coruña), 20/5/1934Autoría: Xosé Ramón Fandiño
Catedrático de Dereito e activo impulsor das pretensións cívicas de Galicia
Aínda que nacido en Betanzos, Salvador Cabeza de León pasou practicamente toda a súa vida en Santiago, onde cursou os estudos na Facultade de Dereito, da que foi catedrático e decano, ao mesmo tempo que promovía, xunto a Cotarelo Valledor, a democratización e a galeguización da vida académica compostelá.
Máis alá das aulas e dos despachos universitarios, Cabeza de León, como rexionalista conservador, estivo comprometido coas actividades culturais e cívicas galegas do seu tempo, moi marcadas polo rexionalismo implantado por Alfredo Brañas. Foi presidente en Santiago da Liga Galega de 1898, alcalde de Santiago, secretario da Real Sociedade Económica de Amigos do País, fundador da Real Academia Galega, presidente do Seminario de Estudos Galegos. E foi, tamén, membro correspondente das Academias da Historia, Belas Artes, Española da Lingua, Sociedade Martins Sarmento e do Instituto Histórico do Minho.
Traxectoria académica
Naceu Cabeza de León en Betanzos o 4 de febreiro de 1864, pero con 2 anos de idade toda a familia se trasladou por ser destinado o seu pai a Santiago como mestre de escola. En Santiago cursou todos os seus estudos con tal aproveitamento que sendo aínda alumno, en 1882 o Goberno, a proposta da Universidade, lle concedeu a Cruz de cabaleiro da Orde de Isabel a Católica.
En 1884 licenciouse en Dereito (sección de Civil e Canónico) e obtivo o grao de doutor na Universidade Central en 1887. Ese mesmo ano exerceu a docencia como profesor auxiliar ata que en 1903 logrou a cátedra de Dereito Internacional á que en 1919 sumou a de Dereito Canónico. No curso 1917-18 proferiu a lección inaugural do curso académico co discurso titulado Notas sobre la disciplina escolar en la Universidad de Santiago durante los siglos XVI, XVII e XVIII. E tamén foi decano en dúas ocasións (1920 e 1928). Entre os traballos publicados no Boletín da Universidade de Santiago destacan «El primer rector reelegido en la Universidad de Santiago» (1933), «La Universidad de Santiago y D. Ramón de La Sagra: Noticias históricas» (1919).
Entre a súa obra destacan os ensaios sobre a súa especialidade en Dereito, centrándose principalmente en cuestións educativas e legais como a ensinanza do Dereito Romano na Universidade de Santiago de Compostela, algúns aspectos históricos sobre a mesma universidade. Cando morreu deixou preparada unha historia da universidade compostelá, que publicou postumamente en tres volumes o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos en 1946-47 co título Historia de la Universidad de Santiago de Compostela.
Tamén se dedicou á creación poética co seu poemario Primicias (1892) e ao teatro co seu cadro dramático Camiño da vila, que escribiu en 1915 aínda que se publicou dous anos máis tarde.
O 6 de febreiro de 1934 a Universidade rendeulle unha homenaxe con motivo da súa xubilación. Aínda así seguiu desenvolvendo o seu labor nas aulas ata o 19 de maio, último día lectivo, en que pronunciou a súa última lección. Ao día seguinte apareceu morto.
Xogos Florais de Tui
En 1890, un ano antes de que os restos de Rosalía fosen traslados do cemiterio de Adina á igrexa compostelá de San Domingos, constituíuse en Santiago o Comité Central Regionalista con Murguía de presidente e Cabeza de León e Alfredo Brañas de vicepresidentes, que organizaron os Xogos Florais de Galicia que se celebraron en Tui o 24 de xuño de 1891. No acto de celebración, como presidente do Comité, Manuel Murguía pronunciou un discurso no que exaltou, como tantas veces fixera, o idioma galego, pero agora facendo uso do mesmo. Ese discurso constituíu un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador, no que co lema surge et ambula sinalou como medida prioritaria o renacemento dunha nacionalidade case esquecida que había que erguer por medio da literatura, das tradicións e da historia
.
Cabeza de León como secretario do Comité tamén pronunciou un discurso no que deu conta dos escritores premiados: Eladio Rodríguez González, Martín Díaz Spuch, Xoán Barcía Caballero, Urbano González Varela e Filomena Dato Muruais.
Liga Gallega
Cabeza de León e Alfredo Brañas participaron nas campañas rexionalistas, polo que en 1893 lle abriron un expediente administrativo pola defensa que fixeron contra a desaparición da VIII Rexión Militar que, por orde do xeneral López Domínguez se unía á VII e a capital pasaba a León.
En 1896 inaugurouse en Santiago o Ateneo León XIII e esta asociación tomou a iniciativa de fundar un Círculo Católico de Obreiros impulsado por Alfredo Brañas coa participación moi activa de Salvador Cabeza de León.
En 1898 Alfredo Brañas como presidente e Cabeza de León como secretario organizaron a Liga Gallega de Santiago. Foi unha das correntes nas que se disgregou a Asociación Regionalista Galega da Coruña presidida por Manuel Murguía. A de Santiago tiña inspiración conservadora, fronte á coruñesa de Murguía, máis liberal.
Real Sociedade Económica de Santiago
A Real Sociedade Económica de Amigos do País fundouse en 1784 e desde 1834, a segunda etapa da Sociedade que se prolongou ininterrompidamente durante todo o século XIX, cedeulle todo o seu protagonismo aos socios numerarios universitarios, que operaban en varias seccións, que elixían a un director, un contador tesoureiro e un secretario, cargo que ocupou no seu momento Cabeza de León, que ingresou en 1907 para ocuparse de todas as cuestións que perseguían unha orde burocrática.
Alcaldía de Santiago
No momento histórico da Restauración borbónica no que Salvador Cabeza de León rexentou a alcaldía (1910-1914), a cidade de Santiago pasou de ser cabeza do Reino de Galicia a cidade do Apóstolo
, que esmorecía convertida en centro eclesiástico coa atención posta unicamente na ensinanza e na sanidade. Sen embargo, o santiagués e ministro Eugenio Montero Ríos teceu unha forte alianza entre os membros da burguesía local e da universidade nunha cidade de forte implantación clerical e de querenzas carlistas. O éxito do monterismo centrouse nun intercambio de votos por favores, cos que se beneficiou a gobernanza de Cabeza de León que se concretou nunha continuada protección da cidade mediante a súa monumentalización (Facultade de Medicina, Escola de Veterinaria, Escola de Xordomudos, Escola de Artes e Oficios e o Colexio de Xordomudos e Cegos).
Como fiel cumpridor do seu cargo institucional, o alcalde Salvador Cabeza de León con motivo do pasamento do historiador López Ferreiro descubriu na súa casa natal unha lápida coa seguinte inscrición: A cibdá de Compostela ó seu fillo predilecto D. Antonio López e Ferreiro, bô galego, bô sacerdote, bô historiador, bô literato, dino por todo de perdurante lembranza. Naceu nesta casa o 9 de novembro de 1837
. E tamén presidiu un serán literario organizado polo Concello no que participaron Salvador Cabeza de León, Antonio López Carballeira, Xoán Barcia Caballero e Luciano García Rodríguez.
E para querer pagar a débeda contraída polo Concello de Santiago con Montero Ríos, Cabeza de León e o seu equipo de goberno promoveron a erección dun monumento público na súa memoria mediante unha subscrición popular e o apoio das institucións públicas. O resultado foi a estatua de Montero Ríos que a cidade de Santiago lle encargou ao escultor Mariano Benlliure, que inicialmente foi colocada na praza do Obradoiro e despois trasladada á praza de Mazarelos.
Real Academia Galega e Seminario de Estudos Galegos
Cabeza de León ingresou na Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905 como membro fundador e nela permaneceu ata o seu pasamento. No Boletín da Academia publicou: «Lo que le costó a la Universidad de Santiago una fiesta literaria en 1697» (XI, 1918) e «O Conde de Monterrey e a Universidá de Sant-Yago» (235-240, 1931).
Ingresou no Seminario de Estudos Galegos o 6 de maio de 1924 presentando un traballo titulado «Un episodio de la vida de D. Domingo Fontán», que co mesmo título publicou no Boletín de la Academia Gallega (162, 1924). En 1930 foi elixido director da sección de Historia e nos inicios do terceiro curso presidente a causa da partida de Compostela de Armando Cotarelo Valledor.
Algúns dos traballos publicados por Cabeza de León ra revista Arquivos do Seminario de Estudos Galegos son: «Festejos de la Universidad compostelana por el nacimiento del Rey don Luis I” (9 de outubro de 925); «O Conde de Monterrey e a Universidá de Sant-Yago», (1931);«A insinanza do Dereito román na Universidá de Sant-Yago, hastra o plan de estudos de 1772» (1927); «Notas de un preito antre os veciños de varias freiguesías da xurisdición de Noia e o Arcebispe de Sant-Yago», sobre o aproveitamento de unha balea botada pol-o mar, 1577» (1930).
Cantigas e Agarimos
En 1920 fundouse en Santiago a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos. A súa presentación ao público tivo lugar no Teatro Principal co gallo das festas do Apóstolo. Dende a súa fundación, Cantigas e Agarimos estivo dedicada á recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega, traballando activamente na consolidación da identidade cultural de Galicia. Estaba presidida por Salvador Cabeza de León, o director musical era Bernardo del Río e o escénico Camilo Díaz Baliño.
Irmandades da Fala e Estatuto de Autonomía de 1932
As Irmandades da Fala foron esencialmente un movemento político nacionalista e gran parte dos membros da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos estiveron máis ou menos ligados ás Irmandades da Fala nas que confluían persoas de filiacións político-ideolóxicas moi diversas, basicamente rexionalistas entre os que se conta Cabeza de León, ideoloxicamente tradicionalista, pero de actitudes profundamente galeguistas forxadas na convivencia intelectual con Manuel Murguía e Alfredo Brañas. Cabeza de León admitía das Irmandades que Galicia é unha nación pois conta con todos os atributos esenciais para iso: lingua, raza, territorio, historia, tradicións e institucións propias e por iso se adheriu ás Irmandades da Fala e colaborou co grupo e a revista Nós. E por iso, en abril de 1932 formou parte dunha comisión que impulsaba un movemento municipalista a favor da autonomía.
Foi o concello de Santiago con Raimundo López Pol como alcalde, quen tomou a iniciativa de citar a todas as corporacións municipais para a redacción e aprobación dun Estatuto de Autonomía. Esta convocatoria tivo unha boa acollida en toda Galicia e o 3 de xullo de 1932 formouse unha comisión encargada de elaborar un texto axustado á Constitución. Á súa cabeza situábase, como presidente da comisión, Salvador Cabeza de León, presidente tamén do Seminario de Estudos Galegos, e compoñíana Manuel Lugrís Freire, Eladio Rodríguez González, Manuel Iglesias Corral, Rodrigo Sanz, Avelino López Otero, Santiago Montero Díaz, Alexandre Bóveda, Arias del Villar e Enrique Rajoy Leloup. Co obxectivo de discutir o texto que dous meses despois xa tiña preparado a devandita comisión, organizouse a Asemblea Rexional de Concellos na Facultade de Medicina de Santiago os días 17, 18 e 19 de decembro de 1932. Desta reunión, o día 19 saíu aprobado o proxecto de Estatuto co apoio do 74,4 dos municipios galegos, que acollían o 84,70% da poboación.
Este texto autonómico tivo que percorrer os camiños previstos na Constitución para adquirir plena validez lexislativa: someterse a referendo do pobo galego e ser aprobado polas Cortes españolas. En troques, a partir da asemblea de Santiago orixinouse unha paralización da actividade preautonomista en virtude da división que se produciu entre as forzas políticas defensoras da autonomía galega e das demoras do Goberno da República, presidido por Santiago Casares Quiroga, en convocar o referendo. Estas delongas estaban motivadas pola continua presión das circunstancias sobre o propio gabinete republicano, que serían as que provocasen a súa caída definitiva, a disolución das Cortes Constituíntes e as eleccións de novembro de 1933, que lle darían o triunfo á dereita, claramente antiautonomista, o que fixo imposible naquel momento a aprobación do Estatuto nas cortes.
Bibliografía
Cabeza de León, Salvador (1946-47): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela / Materiales acopiados y transcritos por Salvador Cabeza de León. Ordenados, completados y redactados por Enrique Fernández Villamil; prólogo de Paulino Pedret Casado. Santiago de Compostela: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1946-47; 3 v.
Carballo Calero, Ricardo (1963): Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia.
Villares, Ramón (2003): «A cidade dos dous Apóstolos (1875-1936)». En Portela Silva, Ermelindo (coord.): Historia da cidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Consorcio da Cidade; Universidade.
Beramendi, Xusto (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais.
Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012): Murguía. Vigo: Galaxia.
Fontoira Surís, Lidia e García Rodríguez, Carme: «Cabeza de León, Salvador». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progeso, DL 2003; VI, 217-218.
Cores Trasmonte, Baldomero: «Galeguismo». En Gran Enciclopedia Gallega. Xixón: Silverio Cañada, [s. d.].
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995): Diccionario da Literatura Galega. I: Autores. Vigo: Galaxia.
Como citar: Fandiño, Xosé Ramón : Salvador Cabeza de León. Publicado o 11/1/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=584. Recuperado o 22/03/2023

DOCUMENTACIÓN DE
Artigo de Salvador Cabeza de León na revista Nós
Cabeza de León, Salvador: «Arquivo filolóxico e etnográfico de Galicia», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións , 95 (15 de novembro de 1931), 214-215.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7275 [Descarga: 2023-01-02]
Prólogo de Salvador Cabeza de León a Estampas compostelanas de Ksado
Cabeza de León, Salvador: «Compostela». En Ksado:Estampas compostelana. Galicia : Ksado , 1927 [Madrid: Gráficas Villarroca]; 5-7.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo de Cabeza de León sobre a Universidade de Santiago e mais o Seminario de Estudos Galegos
Cabeza de León, Salvador: «A Universidá de Sant-Yago e o Seminario de Estudos Galegos», A Nosa Terra: idearium das Irmandades da Fala, 239 (25 de xullo de 1927), 3.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=16484 [Descarga: 2023-01-09]
O xornal El Compostelano recolle o discurso de Cabeza de León na Fiesta de la Lengua Gallega celabrada do 26 de xullo de 1924
Cabeza de León, Salvador: «Notable discurso del mantenedor, D. Salvador Cabeza de León», El Compostelano: diario independiente, 1327 (28 de xullo de 1924), 1-2
Fonte: Galiciana. Biblioteca dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000224240 [Descarga: 2023-01-03]
Discurso sobre Domingo Fontán lido por Salvador Cabeza de León no Seminario de Estudos Galegos. 1924
Cabeza de León, Salvador: Un episodio de la vida académica de D. Domingo Fontán: discurso leído en el Seminario de Estudios Gallegos de Santiago de Compostela. [La Coruña: Litografía e Imprenta Roel], 1924.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE.
http://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000206386 [Descarga: 2023-01-02}
Apuntamentos históricos sobre a USC, por Salvador Cabeza de León
Cabeza de León, Salvador: La Universidad de Santiago y D. Ramón de La Sagra: notas históricas / por Salvador Cabeza León. Santiago de Compostela: [Imp. de José M.ª Paredes], 1919.
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNEhttp://bdh-rd.bne.es/viewer.vm?id=0000206100&page=1 [Descarga: 2023-01-03]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo sobre a vida e a obra poética de Salvador Cabeza de León
Delgado Corral, Concepción: «Obra poética de Salvador Cabeza de León», Anuario brigantino, 37 (2014), 457-470.
Fonte: Dialnet. Universidad de La Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5356791 [Descarga: 2023-01-02]
Entrada de Salvador Cabeza de León no Diccionario da Literatura Galega
«Cabeza de León, Salvador». En Valavedra, Dolores (coord.): Diccionario da Literatura Galega. I: Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 98-99.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Obituario de Salvador Cabeza de León, por Laureano Santiso Girón
Santiso Girón, L.: «D. Salvador Cabeza de León», Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela, 22 (outubro-decembro de 1934), 91-98.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=10000148729 [Descarga: 2023-01-03]
Artigo sobre a vida e a obra de Cabeza de León no número 128-129 da revista Nós
«Don Salvador Cabeza de León», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións /cite>, 128-129 (agosto-setembro de 1934), 121-124.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7275 [Descarga: 2023-01-02]
Lembranza de Salvador Cabeza de León, por Xesús Carro
Carro García, Xesús: «Don Salvador Cabeza de León», Boletín de la Academia Gallega, 253 (1 de xuño de 1934), 3-5.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Cabeza de León formou parte da comisión redactora do anteproxecto do Estatuto de Galicia. 1932
«La Autonomía Regional: Anteproyecto de Estatuto Gallego», El Compostelano: diario independiente, 3687 (7 de setembro de 1932), 1.
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3841 [Descarga: 2023-01-10]
Biobibliografía de Salvador Cabeza de León en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Fontoira Surís, Lidia e García Rodríguez, Carme: «Cabeza de León, Salvador». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progeso, DL 2003; VI, 217-218.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Acceso á copia dixital de Primicias, obra de Salvador Cabeza de León
Cabeza de León, Salvador: Primicias. La Coruña: Andrés Martínez, 1892. (Biblioteca Gallega)
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?control=BDG20110010942 [Consulta: 2023-01-09]
Entrada de Salvador Cabeza de León na Galipedia
Fonte; https://gl.wikipedia.org/wiki/Salvador_Cabeza_de_Le%C3%B3n [Consulta: 2023-01-02]
Biobibliografía de Cabeza de León no DB-e da Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia.
https://dbe.rah.es/biografias/53839/salvador-cabeza-de-leon [Consulta: 2023-01-02]
Cabeza de León no Museo Virtual da USC
Fonte; Museo Virtual da USC.
https://museovirtual.usc.gal/es/bienes/salvador-cabeza-de-leon [Consulta: 2023-01-02]
Documentos de Salvador Cabeza de León no Arquivo da Real Academia Española
Fonte: Real Academia Española.
https://archivo.rae.es/cabeza-de-leon-salvador-1864-1934 [Consulta: 2023-01-02]
Salvador Cabeza de León na revista Nós en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://revistanos.galiciana.gal/es/recurso/cabeza-de-leon-salvador/ba6f0c88-449f-5214-7da6-7731da5f3019 [Consulta: 2023-01-02]
Web da agrupapción Cantigas e agarimos da que foi fundador Cabeza de Vaca
Fonte: Cantigas e Agarimos.
https://www.cantigaseagarimos.es [Consulta: 2023-01-02]
Salvador Cabeza de León no buscador Atopo, da deputación de Pontevedra
Fonte: Atopo. Deputación de Pontevedra.
https://atopo.depo.gal/ [Consulta: 2023-01-09]
Epístolas de
Carta de Salvador Cabeza de León a Ángel del Castillo López (4 de abril de 1909)
Carta de Salvador Cabeza de León a Ángel del Castillo López (8 de xullo de 1909)
Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930
Santiago, 6 do mes de Sant Yago de 1930
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Meu querido amigo e compañeiro:
Recibo a sua cariñosa invitación pro acto galeguista que se proieita en Vigo. Agora ben: O 25 é un dia en que non m-é posibre sair de Sant Yago. Como sabe vosté ven o Ministro de Gracia e Xusticia a facer a ofrenda; e os que temos cargos de Decanos non podemos sair do pobo sin licencia do de Istrucción Púbrica. En circunstancias ordinarias esto non sería incomente; pro vindo o Señor Ministro, sería cousa improsibre conseguir premiso pra tomar parte n-un acto calquera que o arredase a un da pobración. Ademáis, andan aquí algús elementos coa ideia de que se faga n-ese mesmo dia algún acto en Sant Yago; e anque non sería do mesmo xeito que o que vostedes se propoñen, de todas maneiras ven a engadir un oustáculo máis á miña saida. Síntoo moi de veras, pois tiña desexo de falar de este movimento con todos vostedes os enxebres e ver si antre todos adiviñabamos a causa da frebe galeguista que lles entrou a algús dos que andan n-el e que o diaño leve si se podía sospeitar que tivesen tal entusiasmo po-los nosos ideales.
Non faltará ocasión de que charlemos encol de esto; e hastra destonces e sempre, conte co cordial afecto de seu devoto amigo e compañeiro
Salvador Cabeza
Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930
Sant Yago, 27 outono do 1930
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Abogado
Vigo
Meu querido amigo e compañeiro:
Recibín o folleto que contén os discursos pronunciados no mitin do Teatro García Barbón. Inda que xa os había leído na prensa diaria, fólgome moito de velos recollidos n-un volume e agradézolle de veras o envío do folleto: os traballos que o forman son de unha enxundia rexa, grandes leiciós de cátedra galeguista, tan outos de pensamento como barudos de lenguaxe. Miña embora, xa que a ocasión se persenta, -pol-a sua intervención destacada e valiosa no acto rifirido.
Non me esquenzo do meu compromiso con vosté: pro déixeme sair do empeño en que estou metido e que comprenda vosté que é de importancia capital. Non sei si sabe que o Ministerio de I.P. autorizou â Universidá (accedendo a unha petición minha) pra que dé aloxamento doado nos seus locales, ô Seminario de E[studos] G[alegos]; e aquí me ten, meu amigo, n-este choio do traslado que é cousa seria e de un traballo e preocupación formidabres.
Xa sabe que é sempre de vosté moi cordial amigo e compañeiro que con toda efusión o sauda,
Salvador Cabeza
Carta de Cabeza de León a Paz Andrade. 1930
Santiago, 6 do Nadal 1930
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Meu querido amigo e compañeiro:
Habíamos quedado en que si tiña que actuar antes das vacaciós, me avisaría vosté con duas semáns de anticipación, pra dispoñer as cousas de maneira que poidese cumprir meu compromiso. Pensando que xa este quedaba (según o desexo que lle expresei) hastra despois das vacaciós, dispuxen dos dias da semán entrante de modo que me é imposibre n-ela satisfacer os seus desexos, que son os meus. Rógolle, pois, que si non se apraza miña conferencia pra despois das Páscuas, me avise pra ir en tal caso o xueves, 18 a esa. Pro si ha ser así, dígamo axiña, pois teño un ensamio de cousas que colocar n-esta tempada e convenme moito saber o que detremiñen vostedes.
Xa sabe, supoño, que o Seminario de Estudos Galegos fará n-este curso a sua xuntanza xeneral en Vigo. Serán tres días de laboura nos que tratamos de conseguir veñan algúns socios portugueses a facer seu ingreso no Seminario. Teremos sesiós púbricas po-o xeito das que se celebraron en Pontevedra na derradeira xuntanza de esa crás que celebramos. Temos desexos de dar a coñecer o noso centro n-esa simpática cibdá; e alá iremos.
Non se descoide, si teño que ir o 18, de avisarme axiña. Sempre seu afectisimo e bon amigo e compañeiro
Salvador Cabeza
Publicacións periódicas
Eco de Galicia, El (1892-1926) .
Órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sudamericanas
Órgano de los gallegos y Decano de la prensa Española en Sud América
Decano de la prensa gallega en América y de la española en Sur América
Estudios Gallegos (1915-1916) .
Revista Quincenal de Lenguaje, Fianza y Turismo
Arenteiro, O (1931-) .
Publicación Oficial de la Sociedad Hijos del Partido de Carballino: Revista Oficial