Material
Historias de ida e volta
O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
«O tabaqueiro bo é un artista», ca. 1890
Detalle
Resulta de todos coñecida a sona mundial e o rol desenvolvido pola industria tabaqueira na illa de Cuba no século XIX. Á altura de 1890, na Habana había 100 fábricas que se dedicaban á manufactura do tabaco e 24 á construción de caixóns de cedro, onde eran colocadas as bitolas. Todo ese traballo corría a cargo duns 10 000 obreiros, pois non había outro medio de manufactura que as mans destes. Os adiantos extraordinarios da mecánica quedaban reservados para a fabricación específica de cigarros.Na zona urbana fabril por excelencia, en pleno centro da Habana, Pedro Murias chegou a ocupar o seu propio espazo, que non pasaría desapercibido aos ollos de camiñantes e compradores do seu xénero, tan distinguido na época. En 1886 adquiriu o terreo sobre o que construiría 2263 metros cadrados do precioso edificio en que instalou dúas fábricas da súa propiedade: La Meridiana e Pedro Murias.


