Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen data / Imaxe. Fotografía/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa

Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen data

Image 1
Detalle
A construción do primeiro edificio, que estamos a ver na imaxe, comezou en 1920. Trátase do inmoble principal, onde estaban situadas as aulas e demais dependencias para o ensino e o profesorado. Edificio de grandes dimensións, estaba formado por un corpo central de planta baixa, primeiro andar e faiado e dúas ás a cada lado. Na planta baixa, á esquerda estaban as aulas, os servizos e unha estancia para o profesorado; na dereita, as dependencias da Dirección da escola, a cociña, o comedor e un almacén de víveres. A súa ornamentación é moi sobria, con numerosos vans e ocos resaltados con molduras. Na fachada destaca a dobre escalinata, que lle dá monumentalidade ao conxunto, cunha fonte central con cabeza de dragón e unha araucaria que lle achega un eixe simétrico.
O centro educativo foi inaugurado o 8 de novembro de 1922 e era tradición que no inicio do curso escolar o alumnado se fotografase na escalinata para enviar as imaxes á xunta de patróns na Habana.
Metadatos