Material
Historias de ida e volta
O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
Materialización do soño indiano de Pedro Murias
Detalle
A idea de terra e progreso estaba intimamente relacionada coa experiencia obtida por Pedro Murias no agro cubano. Deixa como legado a fundación da escola agrícola que levaría o seu nome, nunha das mandas testamentarias redactadas por el mesmo con data do 22 de maio de 1892. Alí manifestou estar “deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria”. Un centro educativo pioneiro e que “forzosamente” tiña que ser construído dentro dos límites da Devesa, a semellanza da Colonia Agrícola de Ruysselede en Bélxica.Presentamos aquí algúns planos orixinais que especifican detalladamente varias dependencias da escola, na que se deberían conseguir os obxectivos marcados por Pedro Murias, como o de facer posible a formación técnica e instrumentalización para que a veciñanza adquirise aprendizaxes prácticas sobre labores agrícolas, e a explotación axeitada e rendible do medio agrario. Cada estrutura estaba destinada a cumprir unha función previamente establecida.


